Mostrando entradas con la etiqueta dia paz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta dia paz. Mostrar todas las entradas

martes, 5 de febrero de 2019

O DÍA DA PAZ

O pasado mércores día 30 todos os centros celebramos o Día da Paz.
Este ano os alumn@s de sexto fomos os encargados de facer o manifesto e logo, todos xuntos, cantamos a canción seleccionada para esta celebración.
Este ano cada curso encargábase de interpretar unha estrofa, nos escollemos facela en lingua de signos.

lunes, 27 de enero de 2014


Irea, Marta, Leila e Marey de 5º B ofrecéronse para facer unha gravación da adaptación á LSE da canción da paz deste ano. Aquí tedes o resultado. Moi bo, a pesar de non termos ensaios previos. Agora xa podedes practicala en LSE!!! Grazas chicas!
 

 

sábado, 25 de enero de 2014

RECURSOS PARA O DÍA DA PAZ

Esta semana que entra imos celebrar o día da PAZ. A nosa amiga Belén Junquera creou este symbaloo cheo de recursos para poder traballar esta data. Aquí volo deixo. Unha vez máis, moitas grazas Belén.
 

miércoles, 22 de enero de 2014

CANCIÓN DA PAZ

Xa temos nova alarma no cole, desta volta é un canto á alegría e á paz. O 30 de xuño cantarémola todos xuntos no patio do cole. Ide aprendéndoa!!

Alegría, uuuuh! Alegría, yes! Cantemos como é bo ser alegre todo o día.
Alegría, uuuuh! Alegría, yes! Cantemos como é bo ser alegre todo o día.
O día amañece; e con el o noso sol, brillante e colorido; nun sorriso alto, astral.
Ás veces é a chuvia que nos ven despertar; mais sempre todo o día, a alegría vai estar.



Alegría, uuuuh! Alegría, yes! Cantemos como é bo ser alegre todo o día.
Alegría, uuuuh! Alegría, yes! Cantemos como é bo ser alegre todo o día.
Hai días que desperto e síntome feliz. Eu salto entón da cama, eu quero ser máis feliz.
O día vai pasando, e a alegría vou xuntando;

a noite ven chegando, a alegría está sobrando.

 

jueves, 19 de enero de 2012

XOGANDO EN PAZ

Quédavos aquí un xogo en Lim con motivo do Día da Paz elaborado por Belén Junquera. Moitas Grazas por compartir o teu traballo con todos nós!
Que mellor forma de disfrutar da PAZ que xogando...??

lunes, 31 de enero de 2011

UNHA CARTA DE AMIZADE



martes, 2 de febrero de 2010

LENDA ÁRBORE DA PAZ

Vede e escoitade!!!

jueves, 28 de enero de 2010

A ÁRBORE DA PAZ

A ÁRBORE DA PAZ
Di a lenda que hai moitos, moitos centos, miles de anos, o ser humano vivía en paz. En paz cos demais seres humanos, e cos demais seres da Natureza: animais, plantas,… o que se di en armonía.
Pero, algo xurdiu no corazón dos homes e das mulleres, algo que nublou a súa razón. Comezaron a discutir sen máis, a enfrentarse por pequeñas tonterías, … e pouco a pouco foron destruíndose os uns aos outros.
Ao tempo que esto sucedía a Natureza ía reaccionando: Os animais extinguíanse, as árbores ían perdendo as súas fermosas vestiduras e pouco a pouco desaparecendo da faz da Terra.
E así seguimos ata o día de hoxe, en que a especie humana todavía non fomos quen de recuperar a armonía do planeta no que vivimos.
Pero, sabedes que máis di a Lenda?
A lenda di que voltará o día en que as árbores retomen as súas verdes follas. Ese día será….
…. Tal vez o día en que os nenos e nenas do mundo fagan comprender aos adultos a importancia de escoitar e falar para solucionar os problemas, a importancia das palabras.
Axudádenos a que a nosa árbore da Paz recupere as súas “fermosas vestiduras”.
Como?
Elaborando o noso propio abecedario da Paz. Colocade ao lado de cada folla palabras que empecen pola letra indicada, aquelas palabras, sentimentos,… que pensedes que debemos levar a cabo para que a armonía volte ao noso planeta.
Veredes como a lenda cobra vida.

sábado, 23 de enero de 2010

DÍA DA PAZ

Achégase o Día da Paz, e con el, as pombas, as cancións, os poemas, ... alentándonos a tod@s a ir na procura desa ilusión, A PAZ.
A caso facemos algo o resto do ano para acadar A PAZ??
E xa non dicimos PAZ en términos xerais, senón a nivel particular, PAZ, coa familia, cos amigos, cos veciños, cos coñecidos ou non tanto, cos compañeiros,...
Claro que,... que significa eso de PAZ??
ALGUÉN O SABE??
Aquí vos queda a canción que imos cantar este ano no acto simbólico do día 30 de Xaneiro. No vídeo aparece o texto, é moi fácil, así que non hai excusa para non aprendela.

DÍA DA PAZ NAS BIBLIOS

Son moitas as biblios que fixeron unha maravillosa recompilación de recursos ao redor do Día da Paz. A nós gústanos moito a páxina que o blog da biblio do Ceip Mestres Goldar de Vigo (O Recanto de Mik) ten adicada a recursos para este día, sen dúbida un gran traballo, grazas por compartilo.

domingo, 1 de febrero de 2009

UN DÍA POLA PAZ

Vídeos, grabacións sonoras, recital de poemas, ... todo para recordar que si, queremos Paz, queremos entendemento, queremos solucións razonables, queremos exemplos a seguir nos adultos que nos gobernan, queremos...
O Venres, día 30, e como xornada especial:
  • Lemos o manifesto.
  • Vimos vídeos, presentacións con motivo do día da Paz.
  • Recitamos poemas nas distintas linguas que compoñen a nosa comunidade educativa.
  • Formamos o símbolo da Paz no patio.
  • Cantamos a canción elixida este ano, "Cantaré, cantarás".
  • Soltamos pombas como acto simbólico.
"Mi General"
José González Torices
Luis (6º)

viernes, 30 de enero de 2009

POEMAS POLA PAZ: PEACE, FRIEDEN, PAIX, ...

Linguaxe de Signos

Galego




Alemán



"Necesitámola como o aire para respirar.

Sin Paz non hai esperanza de futuro"



"Cando o vento xa se foi

cando a primavera está a punto de chegar

a min gustaríame ser un paxaro

e voar polo mundo enteiro"


Seguide atentos!. Hai máis!

jueves, 29 de enero de 2009

CONSPIRACIÓN POLA PAZ

PAZ?????????????

PAZ: PAM!. Balas. Confusión, asasinatos, bombas.

PAZ: PAF!. Golpes. Cambadelas da vida cotiá. Rancor. Violencia.

PAZ: PAZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZ. Soño. Sono indiferente da irresponsabilidade.

Non é un xogo. É a fraxilidade da palabra. Espello fiel da inestabilidade do seu significado.

Utopía imposíbel.

Palabra que xera poesía.

Poesía? Poesía e Paz.

Esta é a nosa proposta: un mundo reinado pola esperanza das palabras, palabras sublimes que permiten melodías, risos, soños... PAZ.

Xesto simbólico o das Bibliotecas Escolares, que novamente unen voces, azos e esperanzas. A través do mosaico que supón, por fin na nosa comunidade, a integración de diferentes cores, razas, linguas... chega a poesía capaz de expresar unha mesma arela. O frenesí da humanidade dominado pola forza da palabra. Unidos contra a ignominia da morte inxusta, das violacións das mulleres, da violencia extrema, da existencia dos nenos-soldado, da vinganza. Optamos polo silencio das palabras, da súa mudez. Porque a súa música festexe os días de coñecemento. Porque os aloumiños que desprenden estas balas sexan quen de recargar o porvir. Porque o nosos pentagramas debuxen as fusas non confusas da ilusión, do mañá cargado de bombas de papel. Papeis que falan de sorrisos, de amores, de xustizas. Papeis convertidos en poesía.

Hoxe, o noso alumnado, dende esas diferenzas que os converten en iguais, transfórmanse en trasnos portadores de equidade. Dende o pasado poético ao presente sonoro, ao futuro harmonioso.

TANQUES DE CARAMELO

ARMAS DE CARAMELO

O NOSO SOÑO

O NOSO DESEXO

A NOSA CONSPIRACIÓN


Colaboraron:
Blog da biblioteca do IES Alexandre Bóveda. Vigo.


O Segrel do Penedo. IES de Fene. Fene. A Coruña.


Mesturas. IES Sánchez Cantón. Pontevedra.


Bibliobelesar. CEIP de Belesar. Belesar. Pontevedra.


Biblioandrade CEIP de Andrade. Pontedeume. A Coruña.


Bemilladoiro. Biblioteca do Ceip. Milladoiro. Malpica. A Coruña .


Biblioteca Olhos Grandes IES Nosa Señora dos Ollos Grandes . Lugo


Biblioteca do CEIP de Pazos. CEIP de Pazos. Ferrol. A Coruña.


Biblioteca do cole. CEIP Quintela de Moaña. Pontevedra .


Cadernos de Vide. Escola Unitaria de Vide. As Neves. Pontevedra.


Biblioteca Brea Segade. C.E.P. Xose Mª Brea Segade. Taragoña. Rianxo.


Biblioteca IES de Sanxenxo. Sanxenxo. Pontevedra.


Biblioteca IES R. O. do Uruguai. IES República O. do Uruguai. Vigo.


Biblioblogreboreda. Ceip Santo Paio de Abaixo, Redondela.


Biblioteca Colexio de Cervo. CEIP de Cervo. Lugo.


Bibliochispi. CEIP A Laxe-Marin. Pontevedra.

Participa tamén neste proxecto o blog Trafegando Ronseis

miércoles, 28 de enero de 2009

"SEAMOS UN TILÍN MEJORES"

"Cita con ángeles"
Letra, música, voz: Silvio Rodríguez

lunes, 26 de enero de 2009

UNHA CANCIÓN POLA PAZ

Xa sabedes cal é a canción escollida para o Día da Paz este ano?
Pois, aproveitade e ide ensaiando.
Escoitade con atención a letra!!

CANTARÉ, CANTARÁS

(Letra: Juan Carlos Calderón / Anahi)

Cantan: Roberto Carlos, José Feliciano, Julio Iglesias, Miguel Gallardo, Santana, Rocío Jurado e moitos outros.