Mostrando entradas con la etiqueta baloncesto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta baloncesto. Mostrar todas las entradas

lunes, 11 de noviembre de 2019

C.BALONCESTO REDONDELA EN REBOREDA

Como veñen facendo nos últimos anos o CBR conta con nós para prácticar o deporte do baloncesto. Os pasados 14, 15 e 16 de outubro estivo no centro, Rosa, entrenadora do club, que fixo que o pasaramos xenial facendo xogos nos que todos disfrutamos deste fermoso deporte.
Moitas Grazas Rosa
Esperámoste aló por maio....

miércoles, 28 de febrero de 2018

CELTA ZORKA EN REBOREDA

Este pasado xoves 22 de Febreiro viñeron ao noso cole - Ceip Santo Paio de Abaixo - a entrenadora e algunhas das xogadoras do equipo de baloncesto feminino R.C. Celta Zorka de Vigo.
Cristina(entrenadora), Patri, Anne, Minata e Paula falaron primeiro connosco e logo puxéronnos a traballar. Fixemos varios xogos de bote, tiro, ... para ao final xogar pequenos partidiños contra elas. Que palizas nos deron!

Ao rematar sortearon 2 camisetas do club e ademais regaláronnos entradas a todos para que fósemos o sábado a velas xogar. Algúns fomos, e pese a que animamos moito, non puideron gañar. Ao finalizar o partido firmáronnos as fotos que tamén nos deran o xoves.
Foi unha experiencia fantástica!
Gustounos moito traballar con elas. Pasámolo moi ben.
Ata a próxima!
Sorte na liga.
SEXTO A

sábado, 27 de mayo de 2017

CLUB BALONCESTO REDONDELA EN REBOREDA

Esta última semana estiveron con nós tres monitores do CB Redondela, Sergio, Adrián e Jovan, dándonos a coñecer o seu club e ensinándonos algúns fundamentos deste precioso deporte. Melloramos as nosas habilidades como pasadores, botando e incluso tirando a canasta, pero, sobre todo a xogar en equipo. Aprendimos moito, e ademais, pasámolo MOI BEN!.
Grazas e voltade cando queirades!

E recordade que o sábado día 3 de Xuño pola mañá tedes o torneo de baloncesto no pavillón da Marisma.
Moita sorte!

domingo, 16 de febrero de 2014

BALONCESTO EN SILLA DE RODAS

Este pasado luns 10 de febreiro visitounos o Club de Baloncesto en silla de rodas AMFIV de Vigo. Catro dos seus xogadores: Agustín, Filipe, Txema e Nick, traballaron con nós, en equipos, distintas formas de desplazarse polo campo e tirar a canasta e incluso tivemos a oportunidade de xogar algún partido. Foi moi divertido, aínda que tamén bastante difícil moverse nas sillas. Ao día seguinte todo eran maniotas!. 
Se queredes coñecer máis (plantilla, historia, clasificacións, curiosidades,...) sobre este club de Baloncesto visitade a súa páxina: