Mostrando entradas con la etiqueta 25 novembro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 25 novembro. Mostrar todas las entradas

martes, 26 de noviembre de 2024

25 DE NOVEMBRO

 Hoxe, con motivo da conmemoración do Día internacional pola eliminación da violencia contra as mulleres, e en relación co noso proxecto de centro deste curso " Un ano no museo" ,comezamos a traballar a figura de Margaret Keane.

O alumnado de segundo e terceiro ciclo a través do visionado da película " Big eyes" de Tim Burton e s pequen@s con fragmentos da mesma e vídeos sobre a súa historia.
Walter Keane, marido da pintora, adxudicouse a autoría dos cuadros de Margaret durante máis dunha década. Ao principio sen que ela se decatase e posteriormente convencéndoa de que un cadro firmado por unha muller perdía valor. Chegou incluso a ameazala de morte se contaba a verdade.
Durante toda a semana seguiremos profundizando na súa figura rematando cun proxecto final que pronto veredes por aquí.



lunes, 27 de noviembre de 2023

25 NOVEMBRO

Este ano, quinto e terceiro unímonos para facer o mural do 25 N que vimos nas contas de @diveraprender e @maestrayolanda e que nos encantou.

Todo o cole, dentro do PDI xogamos no patio con material diverso e comprobamos que o fútbol segue sendo cousa de rapaces así que aproveitamos para falar de como usamos o espazo rapaces e rapazas, como e a que xogamos e que podemos facer para cambiar as cousas. E o xogo levounos a falar da selección femenina e do que aconteceu co mundial.
Cando vimos este mural pareceunos que encaixaba perfectamente coa nosa temática e aquí esta a nosa versión.



viernes, 26 de noviembre de 2021

25 NOVEMBRO: E DESPOIS DO TRABALLO... TOCA VISIBILIZAR

Unha vez feito o mural e colocadas todas as palabras relacionadas no noso mural tocou ir pasando para ver o traballo dos compañeiros. Usamos as tablets da biblio para visibilizar e o altofalante portátil e así puidemos ir pasando por aulas aprender e poder ver o que fixeron os nosos compañeiros.
 
 

A TIRANOSAURA: 25 N

Dentro do traballo realizado polas aulas para commemorar o 25 N, os compañeiros de segundo para traballar, entender e extinguir a palabra machismo fixeron un fantástico traballo cun conto que se titula "A tiranosaura". Un conto estupendo para achegar aos máis pequenos e de xeito sinxelo contidos moi complexos, inclusivos e de igualdade.

Aquí vos deixamos o audiolibro que preparon os rapaces despois de traballar co libro.

NORABOA, fantástico traballo!!! 


25 NOVEMBRO: DÍA POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

 Un ano máis o noso centro únese a commemoración deste día uníndoo co PDI Jurassic Park.

A actividade dividiuse en dúas partes, por un lado fixemos un mural co lema: "QUE VOLVAN OS DINOS E SE EXTINGA...", cada aula traballou unha palabra relacionada coa violencia e plasmou todo ese traballo nun código QR. 

Os carteis coas palabras e os códigos colocáronse no mural para que o resto dos compañeiros puidesen ver o traballo de todas as aulas.

As palabras que traballamos, entre outras foron: insultos, ameazas, humillacións, violencia, patriarcado, machismo, feminazi, mansplaining, brecha de xénero...



Por outra banda, cada aula fixo 4 pegadas de dinosaurio en aerofix violeta e dentro de cada pegada, por equipos, escribiron unha palabra en positivo para contribuír a extinción de todas estas palabras que queremos que desaparezan.  Despois, cada aula foi colocando as pegadas dende a súa aula ata o corredor central onde está o cartel, de xeito que todos os pasos nos levan ao mesmo lugar.


Un traballo no que participaron todas as aulas e todos os alumnos/as do centro. Un día no que, máis que nunca, a educación debe estar moi presente porque so a educación pode cambiar as cousas que non están ben.


jueves, 26 de noviembre de 2020

AS IRMÁS MIRABAL

 Rematamos as actividades sobre as irmás Mirabal cos vídeos informativos elaborados polo alumnado de sexto:



25 N: DÍA DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Despois de levar todo o mes traballando sobre as irmás Mirabal, chegou o día 25. E as aulas nos amosan o traballo que fixeron durante estas semanas:

Os máis pequenos:

 As bolboretas: 



A difusión das nosas pescudas:




viernes, 13 de noviembre de 2020

MÁIS BOLBORETAS

 Seguimos preparando material para o 25 N cunha nova técnica plástica para facer bolboretas. Usamos plástico máxico.

 


 

viernes, 6 de noviembre de 2020

BOLBORETAS PARA O 25N

 O noso centro acaba de sumarse a actividade proposta polo Concello de Redondela para celebrar o 25N, Día da Eliminación da Violencia contra a Muller. 

Estamos anos, aproveitando que se celebra o 60 aniversario do asasinato das irmás Mirabal, imos achegar ao noso alumnado a esta tráxica historia pola que se celebra o 25 de Novembro o Día pola Eliminación da Violencia contra a Muller.

Ademais do traballo teórico, todo o alumnado fará bolboretas, que se entregarán antes do día 16 e que se colocarán en distintos puntos do concello xuntos coas bolboretas dos outros centros.

Aquí vos amosamos algunhas das bolboretas que imos enviar:



miércoles, 11 de diciembre de 2019

25 N: MÁIS ACTIVIDADES

Seguimos amosándovos as actividades que levamos a cabo para celebrar o 25 de novembro. Os alumn@s de quinto ilustraron a canción de Rozalén "La puerta violeta", e quedoulles así.
 

viernes, 22 de noviembre de 2019

25 de novembro: DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Aquí vos deixamos canción de Rozalén interpretada por duas alumnas dun instituto de Secundaria. 
Un vídeo que ilustra moi ben coma identificar os primeiros pasos da violencia de xénero.