Durante este trimestre adicamos o noso taller de expresión escrita á poesía.
Estudiar poesía sempre parece algo tedioso pero os poemas están máis preto do que cremos.
Comezamos o trimestre traballando coa canción "Dejala que baile" de Melendi, Arcano e Alejandro Sanz e serviunos para analizar a métrica, o ritmo e a ritma.
Rematamos o trimestre cun reto que ofrecía 15 puntos no class dojo, tratábase de analizar a canción "Lo siento" de Beret, un éxito que encanta na nosa aula.
Despois dunha semana de pescudas analizamos en conxunto a canción e sairon cousas moi, moi interesantes.
Evidentemente, os recursos literarios son máis e máis complexos do que
vimos na aula pero coma iniciación ao tema estivo xenial, sobre todo,
porque as pescudas foron un traballo individual de investigación e de
exposición oral argumentada. Direivos que sairon máis das que puxen no
poema pero non podía poñer máis información senón quedaba todo demasiado
saturado.
Inda así, teño que darvos a noraboa a todos porque fixéstedes un
traballo estupendo e, sobre todo, porque unha vez máis, aprendemos
divertíndonos e moitos dos recursos non os esqueceremos na vida, coma
pasa por exemplo, coa "paranoja".
No hay comentarios:
Publicar un comentario