Mostrando entradas con la etiqueta proxecto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta proxecto. Mostrar todas las entradas

lunes, 18 de noviembre de 2019

C. BALONMÁN SAR EN REBOREDA

Seguindo co proxecto "Os Deportes", o club de balonmán SAR de Redondela pasou polo centro os días 4 e 5 de novembro, para traballar con todos nós un dos deportes máis practicados en Redondela.
Nerea, exalumna do centro, xunto con Vero e Iván fixeron as delicias das nenas e dos nenos.
Moitas grazas! Pasámolo moi ben!
Voltade cando queirades.

sábado, 16 de noviembre de 2019

DEPORTE GALEGO: OS TROMPOS

Un dos moitos xogos tradicionais galegos que estamos a practicar neste primeiro trimestre nas sesións de Educación Física é o xogo dos trompos. Non temos tanta maña como os nosos pais, nais, avós e avoas, pero, ... e que nos falta práctica. Esperade e veredes!

lunes, 11 de noviembre de 2019

C.BALONCESTO REDONDELA EN REBOREDA

Como veñen facendo nos últimos anos o CBR conta con nós para prácticar o deporte do baloncesto. Os pasados 14, 15 e 16 de outubro estivo no centro, Rosa, entrenadora do club, que fixo que o pasaramos xenial facendo xogos nos que todos disfrutamos deste fermoso deporte.
Moitas Grazas Rosa
Esperámoste aló por maio....