jueves, 13 de septiembre de 2018

ANIVERSARIO DA BIBLIOTECA DE REDONDELA



Como xa seguramente coñecedes a estas alturas, as bibliotecas do noso municipio cumprimos o noso 50 aniversario neste 2018, xa que en setembro de 1968 abriu as súas portas a Biblioteca Pública Municipal Valle-Inclán na planta baixa do Concello. Para lembrar esta efeméride tan especial, e para poñer en valor o papel que a biblioteca debe ocupar na nosa sociedade, estamos a levar a cabo diferentes actividades durante todo o ano, e adicando unhas propostas especiais para este mes de setembro, dado que é o 21 do presente mes a data propia do aniversario da nosa institución.

Convidámosvos a participar en todas elas:

 
1º- NOME PARA A BIBLIOTECA DE CHAPELA:
A axencia de lectura de Chapela, que forma parte das nosas bibliotecas municipais, non ten un nome propio. Se ben a biblioteca de Redondela está adicada a Valle-Inclán, non sucede así coa sede de Chapela. É por iso que desde o pasado mes de xuño lanzamos a proposta para que a veciñanza e os usuarios propuxeran un nome propio para este centro bibliotecario.
 
O prazo remata o venres 28 de setembro para presentar propostas, e estas deben presentarse no rexistro municipal, por calquera persoa física ou xurídica.
 
REQUISITOS DAS CANDIDATURAS:
1. O nome proposto estará ligado ao eido da literatura: escritor/a, editor/a, impresor/a...
2. O nome proposto deberá gardar unha relación directa coa cultura e lingua galegas.
3. Darase prioridade ao nome dunha muller co propósito de recoñecer e visibilizar o papel das mulleres no eido da literatura galega.
4. O nome proposto non deberá ter outro recoñecemento en espazos públicos de Redondela (rúas, prazas, edificios públicos, monumentos...) no intre de presentar a candidatura.
Aquelas propostas que non argumenten a súa candidatura quedarán fóra do proceso.
 

No hay comentarios: