jueves, 10 de febrero de 2011

CONCURSO DE DEBUXO: A COCA DE REDONDELA


Do 1 de febreiro ao 15 de marzo pode visitarse no Edificio Multiusos Piñeiral do Crego, en Chapela, a mostra A COCA DE REDONDELA EN MIL IMAXES.
A mostra irá acompañada dun CONCURSO DE DEBUXO para rapaces e rapazas, co tema central da Coca. Este terá lugar o xoves 24 de Febreiro, de 17:00 a 19:00 h.
O concurso premiará ás mellores imaxes da Coca segundo un xurado formado por representantes das asociacións culturais de Chapela.
Faránse 3 categorías por idades:
- De 4 a 6 anos
- De 7 a 9 anos
- De 10 a 12 anos

Os premios consistirán en lotes de libros xunto con outras sorpresas.
Para participar é preciso inscribirse previamente na biblioteca.
Ánimo e a participar!!

4 comentarios:

patri y xian dijo...

nos o vamos a pensar pero nos queremos participar...

Bibliotecas do Concello de Redondela dijo...

Moitas grazas por publicalo, animádevos a participar, que será moi divertido :-)

Gabriel y Carmen dijo...

Bos días Margarida. Nos pensamos que non nos presentaremos porque nos queda moi lonxe da nosa casa ainda que si non nos quedara tan lonxe iríamos sen duvida. Ata o proximo comentario.

César e Adrián.5ºA dijo...

Nos gusta a idea pero somos mal debuxantes.Pero vamos a pensalo.
Adeus.