miércoles, 7 de noviembre de 2018

"UNHA PONTE DE LIBROS INFANTÍS", EXPOSICIÓN NO MULTIUSOS DA XUNQUEIRA

Fonte biblioteca de Redondela


A entrada do Multiúsos da Xunqueira de Redondela acolle, desde o pasado venres 26, unha exposición dedicada á escritora e xornalista Jella Lepman (1891-1970) que creou en 1949 a Biblioteca Internacional da Mocidade en Munich, un dos proxectos cos que contribuíu ao entendemento internacional a través da literatura infantil .
A exposición articúlase contorna a unha selección bibliográfica de autores infantís e xuvenís que recibiron dende 1956 ata a actualdiade o Premio Hans Christian Andersen considerado o máis alto galardón outorgado na literatura infantil e xuvenil e coñecido coma o Pequeno Premio Nobel.


A xoia da mostra son os "Cuenos de las Buenas Noches", Jella Lepman (1951), nunha 1ª edición da editorial Juventud no ano 1967, unha rareza de moi difícil localización. Este libro contén unha selección de historias para durmir elaborada a partir da colaboración de cidadáns anónimos que enviaron miles de historias das que se fixo unha selección publicada orixinalmente en tres volumes.

"Unha ponte de libros infantís". Jella Lepman, nome que designa á exposición, permanecerá aberta ao público ata finais de ano.


No hay comentarios: