sábado, 13 de noviembre de 2010

CONCURSO DE ADIVIÑAS:SOLUCIÓN 3

SOLUCIÓN ADIVIÑA 3

QUEN É O QUE BEBE POLOS PÉS?


A ÁRBORE

viernes, 12 de noviembre de 2010

UNHA TARDE CON GOCHI

Seguindo co traballo colaborativo das Bibliotecas Escolares e Municipais do Concello de Redondela, o pasado venres 5 de Novembro, no multiusos, tivemos a sorte de asistir a dúas, bueno, en realidade tres horas, de incrible compaña, e mellor formación, co creador de banda deseñada, Gochi. Pero, sabedes quen é Gochi? Ademáis de creador, autor, debuxante, ... é o fundador da editorial Cerditos de guinea cómics. Ao mellor coñecedes ao Pirata "Trasmallo", ou "Gargolas", ... Non, todavía non os temos na nosa Biblio, pero, veremos de conseguilos.







Nos últimos anos, autores e publicacións xurdidas aquí en Galicia, están a conseguir o recoñecemento de crítica, público e editoriais a nivel estatal e inician o asalto aos mercados francés e americano (mercados punteiros nesto do cómic).

miércoles, 10 de noviembre de 2010

MAGOSTO 2010

Que bo día tivemos!!
Incrible! Sobre todo vendo o día de onte!!
E ... que ben o pasamos, non si??
Xogamos, saltamos, bailamos, lanzamos, ... e ao final...
Uuuuuuhmmmm! Que ricas estaban as castañas!

COÑECENDO MÁIS DE CERCA A AUGA

Nuestro mundo es agua. Beatrice Hollyer. Intermón Oxfam. - "Vivamos onde vivamos (tanto se o noso país é rico como se é pobre), a auga é fundamental para a nosa supervivencia neste planeta. Este libro segue as vidas cotiás de seis nen@s, de Perú, Mauritania, Bangladesh, Etiopía, Tayikistán e Estados Unidos e explora o que significa a auga para eles. De onde provén?, como a utilizan?,.... "-



Nadarín. Leo Lionni. Kalandraka. - "En un rincón perdido del mar vivía feliz un banco de pececillos. Eran todos rojos. Solo uno de ellos eran tan negro como la concha de un mejillón. Nadaba más rápido que sus hermanos y hermanas. Se llamaba Nadarín"-



O río e a lagoa. Biblioteca visual Altea. - "Os habitantes de auga doce que existen no mundo reúnen ao seu redor un número extraordinario de plantas e animais moi diversos. Que características especiais tiveron que desenvolver....?"-

lunes, 8 de noviembre de 2010

CONCURSO ADIVIÑAS 3

ADIVIÑA 3

QUEN É O QUE BEBE POLOS PÉS?



sábado, 6 de noviembre de 2010

CHEGA O MAGOSTO

O próximo martes imos celebrar o Magosto no cole. Estes días andamos preparando cestos para as castañas, pensando nos xogos e, por suposto, cantando. Porque, que sería dunha festa sen música? Os Vincis queremos compartir con todos vos esta divertida canción do Magosto. Estade atentos ao vídeo porque tamén ten baile.

CONCURSO DE ADIVIÑAS:SOLUCIÓN 2

SOLUCIÓN ADIVIÑA 2

LEVA ANOS NO MAR

E AÍNDA NON SABE NADAR


A AREA

jueves, 4 de noviembre de 2010

OBRADOIRO DE ARTE NA BIBLIO MUNICIPAL

Chéganos esto dende a Biblioteca de Redondela.
Atentos todos aos que lles guste o debuxo, a arte, ...
Olá a todos!
O vindeiro Xoves 11 de Novembro, ás 18:30 h., teremos un obradoiro de achegamento á arte da Vangarda, para
rapaces e rapazas de entre 6 e 12 anos.
Para participar é preciso que vos inscribades na biblioteca. Podedes facelo presencialmente ou a través do teléfono ou do correo electrónico.
O día da actividade teredes que traer:
- Unha fotografía da vosa cara, en tamaño folio ou cuartilla; ou unha fotocopia en branco e negro.
- Lápices e cores que queirades empregar.
Máis información en:
http://bibliotecasredondela.blogspot.com/2010/10/un-dia-con-picasso-obradoiro-de.html
Agardamos que sexa do voso interese. Un saúdo e graciñas por dalo a coñecer.
Mª José Villar

miércoles, 3 de noviembre de 2010

ESCOLAS DE FAMILIAS

Xa hai 15 anos que vimos celebrando no noso Centro as Escolas de Familias organizadas pola Consellería de Servizos Sociais e Igualdade.
Este ano como novidade tivemos un obradoiro de alimentación saudable impartido por Araceli Hermida, especialista en Cociña e Alimentación. Foi todo un Éxito!!
Tamén foron moi fructíferas as charlas coloquio con Mª Carmen Lorenzo, psicóloga que nos acompañou nestas escolas.

martes, 2 de noviembre de 2010

LIBROS QUE VEÑEN E VAN

Con motivo do mes das BIBLIOTECAS ESCOLARES-OUTUBRO, dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares chegáronnos estas chulísimas bolsiñas para os máis peques (Educación Infantil).
Agora xa podemos traer e levar os nosos libros para a "Hora de Ler".

PEQUESREBOREDA (Pasade polo seu blog)



lunes, 1 de noviembre de 2010

CONCURSO ADIVIÑAS 2


ADIVIÑA 2

Leva anos no mar
E aínda non sabe nadar.

CONCURSO ADIVIÑAS: SOLUCIÓN 1

SOLUCIÓN ADIVIÑA 1
Da terra vou ao ceo
E do ceo hei de volver;
Son a alma dos campos
Que os fai florecer.
A auga
Pasade pola barra lateral e na sección "Os nosos Recunchos", "Concurso Adiviñas", podedes consultar a clasificación, as adiviñas, as normas do xogo, ...
Boa Sorte a todos!!