Esta semana mergullámonos de cheo no galego con “Unha Semaniña Enteira”, iniciativa promocionada polos institutos de Redondela.
Entre outras actividades, sacamos os libros en galego da biblioteca para que ocupasen un lugar destacado e animar ao alumnado a levalos para casa; gozamos dunha obra de teatro en galego que nos acercou á figura de Rosalía de Castro; en cada aula, demos vida á nosa lingua: descubrindo receitas, recollendo refráns e ditos populares, explorando o galego na arte, investigando os topónimos da nosa contorna, dándolle un pulo a palabras menos coñecidas,... todo este traballo quedou reflectido no Taboleiro do Galego, un mural cheo de creatividade e orgullo pola nosa lingua.
Ademais debatemos sobre que actividades nos axudan realmente a usar máis o galego no día a día.
Pequenos pasos para sementar un gran amor pola nosa lingua. Seguimos facendo do galego unha lingua viva!
#Unhasemaniñaenteira #Galegosempre #taboleirodogalego #ceipReboreda
No hay comentarios:
Publicar un comentario