Mostrando entradas con la etiqueta pdi ReboredaJurassic. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta pdi ReboredaJurassic. Mostrar todas las entradas

martes, 3 de mayo de 2022

EDICIÓNS PROPIAS

No CEIP Reboreda levamos todo o curso traballando sobre os dinosaurios e xa temos na biblio o material feito no cole para levar en préstamo a casa.



miércoles, 22 de diciembre de 2021

PROXECTO DOS DINOS: 1º TRIMESTRE

Rematamos un trimestre cheo de investigacións centradas no mundo xurásico, o noso tema deste curso. Cada aula maquetou o seu traballo nunha cartolina coa que faremos un libro que formará parte do fondo bibliográfico da biblioteca.



martes, 30 de noviembre de 2021

NA AULA TAMÉN SE CONTA: LA VERDAD SOBRE LOS DINOSAURIOS

 O tema do PDI deste curso está dando para moito. Os ovos invadiron a biblio pero tamén as aulas. 

Os ovos que abriron todos os compis do cole foron feitos por segundo e antes de facer ovos houbo que porse mans a obra e aprender moito sobre os dinos e que mellor que descubrindo toda a verdade.

Dende maxianaclase, a profe María nos comparte, a través de instagram un novo conto na aula.






viernes, 5 de noviembre de 2021

III FESTIVAL DE CURTAS: "PELÍS PUBLICADAS"

 Un ano máis o noso festival de curtas foi un éxito e xa vimos todas as pelís.

Agora tócanos compartilas con vos.

Na aula virtual da páxina web do centro tedes as pelís, non vos esquezades de pasar por alí para velas.



jueves, 4 de noviembre de 2021

ARRANCA O PDI: REBOREDA JURASSIC PARK

 Este ano imos embarcarnos nunha nova aventura. Trátase dunha viaxe ao pasado para aprender máis dos dinosaurios.

Estades preparados? A biblio xa ten todo listo:

Andeis cheos de libros de dinos

Novo espazo acorde coa temática

Ovos de dinos con algo agochado

Libro de retos para este curso

...

Aquí tedes a visita dos primeiros grupos. Ao longo da semana todas as aulas pasarán pola biblio para romper o seu ovo e comezar o traballo ao redor do PDI, estamos desexando ver os resultados!!