miércoles, 10 de septiembre de 2008

ESTE CURSO: A CIENCIA

O ano 2009 vai ser o Ano Internacional da Astronomía, en honor á invención do Telescopio e uso do mesmo, apuntando ao ceo, por Galileo Galillei. Con tal motivo, no Centro decidimos levar a cabo un proxecto ao redor da Ciencia: experimentos, saídas, actividades, concursos, ... e moito máis. Preparadevos porque este curso hai moitas sorpresas, vamos convertirnos todos en grandes científicos e científicas.
De inicio en educación infantil xa teñen unha gran investigadora con eles, "Ciencia", que sin moita demora xa pasou pola Biblio e falou con Margarida.
Que estarán tramando!!!!

2 comentarios:

Anónimo dijo...

ESTE ANO, O COLE VAI DAS CIENCIAS,E POR ISO BESTIMOS A MARGARIDA DE CIENTIFICA,E DENTRO DE POUCO VISTENSE OS DE 5º DE CIENTIFICOS.
XA NOS VEREDES.BESOS DE NEREA E ADRIAN

Anónimo dijo...

espero que este ano margarida aprenda moito da ciencia