jueves, 4 de junio de 2009

COMO SE CONSTRÚE A CÁMARA OSCURA?

Ante as peticións dos nosos lectores, a profe Marita, que foi a que lles ensinou aos nenos e nenas de 2ºB a construir a cámara escura, mandounos estas instruccións:
MATERIAIS: - tubo de cartón, tipo patatillas Pringles, baleiro e limpo, claro.- regra- lapis- cúter- cravo de 1,5 mm diámetro máximo, ou unha punta pequena.- cinta aillante negra- un círculo de papel "cebola", que ocupe o interior da tapa plástica do tubo
INSTRUCIÓNS:
1.- Tomaremos o tubo e mediremos 5 cm dende a base, trazaremos unha liña co lapis ( que quede en paralelo á base).
2.- Cortaremos o tubo pola liña co cúter. Quedarán dous tubos ( un longo e un máis curto).
3.- No centro da base metálica do tubo pequeno ( chamarémolo "Cilindro") faremos un orificio, de 1 a 2 mm, coa axuda do cravo.
4.- Colocaremos o círculo de papel "cebola" dentro da tapa plástica; para que non se nos mova podemos pegalo con dous puntiños de pegamento ou con dúas tiriñas de celo.
5.- Colocaremos esta tapa de plástico co papel no cilindro, no lado oposto á base metálica.
6.- A continuación tomaremos o tubo máis longo, que non ten tapas, e... atención! pegarémolo ao cilindro coa cinta aillante pola parte da tapa plástica.
7.- Agora, iremos a un espazo ao aire libre. Miraremos polo orificio, COLOCANDO AS MANS ARREDOR DO TUBO TAPANDO A PARTE QUE QUEDA PEGADA AO NOSO OLLO PARA QUE NON ENTRE LUZ POR AÍ.
8.- Finalmente, diriximos a nosa "cámara" a un lugar ben iluminado, casas, árbores, persoas, coches, ... E ... veremos as imaxes invertidas reproducidas sobre o papel da tapa plástica.Por que?
O noso aparato funciona como unha cámara fotográfica onde o orificio da base é como unha lente. Isto é o que se chama "cámara oscura".
Se buscades en google EXPERIMENTOS PARA NIÑOS DE EDUCACIÓN PARVULARIA atoparedes este experimento e moitos máis fáciles de facer e de levar a cabo.

Experimentos para niños de Educación Parvularia
Experimentos para niños de Educación Parvularia Blanca.

No hay comentarios: