Mostrando entradas con la etiqueta segundo curso. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta segundo curso. Mostrar todas las entradas

miércoles, 12 de enero de 2011

O BOSQUE ENCANTADO

Canto nos inspiran ás veces as historias que lemos!.
Tanto, que mirade o que acabaron elaborando estos nenos de segundo despois de ler un dos contos que aparecían no seu libro de lecturas.
Que debuxos!
Que contos!
E xa non digamos, ....
O BOSQUE ENCANTADO QUE CONSTRUIRON!!!

jueves, 4 de junio de 2009

COMO SE CONSTRÚE A CÁMARA OSCURA?

Ante as peticións dos nosos lectores, a profe Marita, que foi a que lles ensinou aos nenos e nenas de 2ºB a construir a cámara escura, mandounos estas instruccións:
MATERIAIS: - tubo de cartón, tipo patatillas Pringles, baleiro e limpo, claro.- regra- lapis- cúter- cravo de 1,5 mm diámetro máximo, ou unha punta pequena.- cinta aillante negra- un círculo de papel "cebola", que ocupe o interior da tapa plástica do tubo
INSTRUCIÓNS:
1.- Tomaremos o tubo e mediremos 5 cm dende a base, trazaremos unha liña co lapis ( que quede en paralelo á base).
2.- Cortaremos o tubo pola liña co cúter. Quedarán dous tubos ( un longo e un máis curto).
3.- No centro da base metálica do tubo pequeno ( chamarémolo "Cilindro") faremos un orificio, de 1 a 2 mm, coa axuda do cravo.
4.- Colocaremos o círculo de papel "cebola" dentro da tapa plástica; para que non se nos mova podemos pegalo con dous puntiños de pegamento ou con dúas tiriñas de celo.
5.- Colocaremos esta tapa de plástico co papel no cilindro, no lado oposto á base metálica.
6.- A continuación tomaremos o tubo máis longo, que non ten tapas, e... atención! pegarémolo ao cilindro coa cinta aillante pola parte da tapa plástica.
7.- Agora, iremos a un espazo ao aire libre. Miraremos polo orificio, COLOCANDO AS MANS ARREDOR DO TUBO TAPANDO A PARTE QUE QUEDA PEGADA AO NOSO OLLO PARA QUE NON ENTRE LUZ POR AÍ.
8.- Finalmente, diriximos a nosa "cámara" a un lugar ben iluminado, casas, árbores, persoas, coches, ... E ... veremos as imaxes invertidas reproducidas sobre o papel da tapa plástica.Por que?
O noso aparato funciona como unha cámara fotográfica onde o orificio da base é como unha lente. Isto é o que se chama "cámara oscura".
Se buscades en google EXPERIMENTOS PARA NIÑOS DE EDUCACIÓN PARVULARIA atoparedes este experimento e moitos máis fáciles de facer e de levar a cabo.

Experimentos para niños de Educación Parvularia
Experimentos para niños de Educación Parvularia Blanca.

sábado, 30 de mayo de 2009

A CÁMARA ESCURA

Seguindo a traballar coa Ciencia, e cos cientificos das nosas aulas, moitos están a realizar experiencias relacionadas con estos. O científico de 2ºB e J. Daguerre, un dos precursores da cámara fotográfica moderna, e sentíamos moita curiosidade por saber que era eso do Daguerrotipo, a cámara escura,...
"Construimos a nosa propia cámara escura e saimos ao patio a ver a través dela.
Que alucine!!
As imaxes víanse ao revés!!"

Chicos, e como se constrúe esa cámara escura??

jueves, 21 de mayo de 2009

O LIBRO DOS INVENTORES

Estos nenos e nenas de segundo coas súas mestras á cabeza están que se salen. Non paran de producir e producir, escribir e escribir, ler e veña ler,... Da gusto ver o entusiasmo con que presentan os seus libriños, e como nos fan partícipes das súas orixinais obras.
Vede a presentación que nos fixeron este mércores destos dous libriños!!

miércoles, 11 de marzo de 2009

TRABALINGUAS

"Un tigre, dous tigres, tres tri..." - Nin escribindo. Que difícil!.
Tiñades que ver e oir aos nenos e nenas de segundo curso, como nos deleitaron cos trabalinguas do seu último libriño. Impresionantes!

miércoles, 18 de febrero de 2009

GRAN PRESENTACIÓN

Estamos moi animados, as datas, o Entroido,... non paramos de publicar. Hoxe os nenos e nenas de segundo curso viñeron á Biblio a presentarnos dous libriños feitos por eles: un de acrósticos- que será eso?- vades ter que preguntarllo, ou pasar pola Biblio; e outro de pequenos contos e poemiñas. Logo estarán rexistrados e poderedes levalos en préstamo.
Animádevos a escribir!
Seguro que levades dentro grandes historias!

martes, 4 de noviembre de 2008

PEQUEN@S ECOLOXISTAS

Que Ledicia, o amor pola natureza e o ecosistema! Os compañeiros e compañeiras de 2º o luns ao entrar ao colexio atoparon un corvo ferido no campo de xogos. Sen dubidalo, recollérono con tenrura consternados ao decatarse de que tiña unha ala rota. Recolleuno a Policía Local e agora xa está recuperándose na protectora de animais.