Este venres retomamos o Obradoiro de ESCRITA EXPRESIVA, outra maneira de escribir e de coñecernos mellor a nós mesm@s.
Lembrade que os obradoiros se fan na biblio, nos recreos do 1º e 2º venres de cada mes.
Preparade bolis e cadernos que alá imos!!!
Mostrando entradas con la etiqueta recreos da bibio. obradoiro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta recreos da bibio. obradoiro. Mostrar todas las entradas
miércoles, 1 de noviembre de 2017
domingo, 31 de mayo de 2015
UN CADRO ENTRE TODOS PARA DAR REMATE AOS OBRADOIROS DOS RECREOS
O curso está chegando ao seu fin e con el o noso proxecto de arte, polo que desde a biblio de Maragarida quixemos facer a nosa aportación artística para despedir os obradoiros de manualidades dos recreo da biblio. Nesta ocasión fixemos un gran cadro entre todos os participantes destes obradoiros. Pasámolo xenial, compartindo ideas, deixando voar a nosa imaxinación e creatividade nuns obradoiros moi divertidos. Noraboa chicos por compartir tantos recreos conmigo (Profe Rosa) e facer cousas tan fermosas!!! Espero seguir compartindo tan bos ratos no novo curso con todos vós! Bo verán!!!
Etiquetas:
arte,
creatividade,
obradoiros,
recreos da bibio,
recreos da bibio. obradoiro
domingo, 22 de marzo de 2015
DECORACIONS PRIMAVERAIS POLA PASCUA NA BIBLIO DE MARGARIDA
No obradoiro de manualidades dos recreos, estivemos facendo unas grilandas moi chulas con motivos primaverais que decorarán os teitos da nosa biblio. Quedaron preciosas e así de ben lucen na biblio!
Etiquetas:
manualidades,
recreos da bibio,
recreos da bibio. obradoiro
domingo, 1 de febrero de 2015
DÍAS DE PAZ E AMOR NOS OBRADOIROS DA BIBLIO
Un martes máis imos deixando voar a nosa imaxinación e a nosa creatividade nuns obradoiros moi divertidos. Nesta ocasión fixemos banderíns de paz e amor para decorar os teitos da biblio, reciclando follas de libros vellos e estropeados. Tamén fixemos caramelos para a paz, con orixinais nomes e cunha mensaxe interior moi linda. Mirade canto traballan estes grandes artistas!!!
Etiquetas:
creatividade,
día da paz,
obradoiros,
recreos da bibio. obradoiro
lunes, 8 de diciembre de 2014
DÍA DOS XOGOS DE MESA NOS RECREOS DA BIBLIO
Os venres, son días especiais, nos recreos da biblio. Podemos asistir a una sesión de contacontos, a un concerto musical, a una proxección cinematográfica ou a un día tranquilo de xogos de mesa. Nesta ocasión podemos gozar con: tres en raia feitos con materiais de refugallo, ocas, memories ou xogos dos ceros. Pouco a pouco iremos ampliando os xogos para que todos poidamos pasar uns divertidos minutos nos ratiños de lecer da biblio.
| Another free slideshow design by Smilebox |
Etiquetas:
actividades,
biblioteca centro,
recreos da bibio. obradoiro,
xogos
martes, 11 de noviembre de 2014
ORIXINAIS PUNTOS DE LIBROS DURANTE O MES DE NOVEMBRO NO OBRADOIRO DE MANUALIDADES
Levamos varias semanas facendo terroríficos puntos de libro, co gallo do samaín, nos recreos da biblio. Ao principio estabamos un pouco tímidos á hora de crear pero pouco a pouco estamos perdendo o medo a deixar voar a imaxinación e mirade que cousas tan bonitas estamos a facer.
Clicade na imaxe e esperade un ratiño a que cargue e xa poderedes ver algúns destes divertidos e sorprendentes puntos de libro.
| Slideshow created with Smilebox |
Etiquetas:
manualidades,
obradoiros,
recreos da bibio. obradoiro,
samain
miércoles, 29 de octubre de 2014
OBRADOIROS DE MANUALIDADES NOS RECREOS DA BIBLIO
O pasado martes, no recreo da biblio levóuse a cabo un sinxelo obradoiro de manualidades, no que fixemos puntos de libros para as nosas lecturas. Nesta ocasión creamos divertidos mostros xa que pronto ía chegar o samaín. Ahí vos deixamos uns pequenos retazos deses momentos e non vos preocupedes se queredes ter un deses divertidos marcapáxinas porque para a semana voltaremos a facelos.
Etiquetas:
manualidades,
recreos da bibio. obradoiro
Suscribirse a:
Entradas (Atom)