Mostrando entradas con la etiqueta celebracions. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta celebracions. Mostrar todas las entradas

viernes, 21 de mayo de 2021

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Esta semana estamos a celebrar o as letras galegas. Comezamos inagurando o noso panel sobre Xela, panel que fixemos cos seus libros e cos seus debuxos xa que sendo unha nena ilustrou o conto de Soños na Gaiola.


 

 O martes fixemos o noso acto de inaguración no patio exterior tocando e cantando o himno todos xuntos. 


 

Seguimos coa recollida de alimentos solidarios a cambio de libros de expurgo en galego. 



 

A todo isto hai que sumar todas as actividades levadas a cabo polas aulas e... seguide atentos porque haberá máis.

sábado, 1 de mayo de 2021

MAIO, MAIÑO PONTE DE PÉ...

Chega maio florido e con el unha das festas máis fermosas da nosa vila, os maios. Este ano, dadas as circunstancias, non hai celebración no concello pero no cole non queriamos pasar outro ano máis sen celebrar unha data tan significativa, por iso, todos nos puxemos mans a obra, sacamos as nosas agullas e puxémonos a crear un maio ben fermoso ao que lle contamos coplas.

sábado, 30 de enero de 2021

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

 O pasado día 30 de Xaneiro celebramos o Día da Paz en todas as escolas. Podedes ver todas as actividades na páxina web do centro pero aquí tedes tamén un  pequeno resumo para abrir boca. (premede na imaxe)

Ademais do manisfesto feito polo alumnado de sexto, tamén bailamos o BAILE DA PAZ, de Mamá cabra.