Durante esta semana, unímonos un ano máis á iniciativa
"Unha semaniña enteira" promovida polo @snlredondela .
Unha iniciativa que naceu para fomentar o uso do galego en todos os ámbitos, comezando dende a nosa rapazada, para que descubran que é unha lingua que non só os conecta coas súas raíces, senón que ademáis pode abrirlles un mundo de posibilidades culturais e laborais.
O reto que se propón é unha semana enteira falando galego, co cal mellorarán a fluidez, o gusto por falalo e animaranse a seguir facéndoo no futuro.
Así ,a semana comezou, co gaio do Día de Rosalía, cantando "Alborada" todos xuntos, acompañados á gaita pola profe Isa.
Na entrada do noso colexio, unha selección de libros en galego coa temática do mar, tema do noso proxecto durante este curso, animábaos non só a falalo senón tamén a lelo.
Ese mismo día, a compañía de teatro @axaneladomaxin coa obra “Dende Rosalía”, fíxonos, axudada por unha píntega moi curiosa, un percorrido pola vida e obras de Rosalía de Castro, ademais de autoras destacadas como Xela Arias ou as Cantareiras.
O mércores , esta vez dentro da programación do @concelloredondela ,a través do @snlredondela , o alumnado de segundo participou xunto cos membros do obradoiro de estimulación creativa de @afaga.alzheimer , nun encontro interxeracional , no que conversamos , cantamos, recitamos e creamos xuntos a través, novamente, da figura de Rosalía. Pasar tempo cos nosos maiores encheunos o corazón de felicidade.
E, para rematar, despois dunha semana mergullándonos no vocabulario do mar en galego, hoxe compartimos con todos os compañeiros o que aprendemos: lendas do mar, tesouros que traen as mareas, historias de piratas, peixes, moluscos, artes de pesca ...e unha morea de cousas máis que puxeron a guinda a esta "semaniña enteira".
Antes de marchar para casa ,cada un dos nosos nenos e nenas recibiu unha chapa de Rosalía, que nos fará lembrar que esta semana é soamente o comezo.
Como concluía hoxe unha das exposicións..."e con esta saca chea de palabras que son os tesouros da nosa lingua " rematamos.
Reto conseguido💙🌊
Mostrando entradas con la etiqueta SEMANIÑA ENTEIRA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SEMANIÑA ENTEIRA. Mostrar todas las entradas
viernes, 27 de febrero de 2026
UNHA SEMANANIÑA ENTEIRA
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
