martes, 6 de octubre de 2009

APERTURA BIBLIOTECA

Hoxe comezamos un novo curso bibliotecario.
Os nenos e nenas de quinto e sexto que son os verdadeiros bibliotecarios, levando o servizo de préstamo, asesorando aos nenos nas súas lecturas, selando os libros, facendo as súas fichas, .... e moito máis, que pasaron todo o mes de setembro preparándose para días como hoxe cumplir cos nosos usuarios.
Uf!! , moita xente. O feito de que chovera seguro que influiu, pero, certo é que todos estabamos desexando que abrira xa. Cada cousa no seu momento, non si??
Animádevos e pasade pola Biblio, seguro que levades unha grata sorpresa!!
Pero, ollo!!, Sempre cumplindo as Normas
Consultade a carta que vos enviou Margarida, para saber tamén que día podedes levar libros en préstamo.
E traede o voso Carné de Lector.

No hay comentarios: