miércoles, 14 de octubre de 2009

PIMPÉ NO BRASIL

Logo de despedirse de Kori Sisicha en BOLIVIA, Pimpé colleu un avión e aterrou en Río de Janeiro, BRASIL. Non puido ir por estrada, aínda que son países veciños, porque non é doado atravesar a SELVA AMAZÓNICA a pe.
En Brasil fálanse case 200 linguas diferentes, pero Pimpé tivo tanta sorte que cando Nuno o recibiu, entendeulle case todo.
-Eu me chamo Nuno –díxolle. -¿Cómo vai?
(eu mi shamu Nunu)
Fíxoo con tanto xeito e a ritmo de SAMBA, que Pimpé lle respondeu, tamén a ritmo de samba:

-Tudo bem, tudo bom.
(tudu beim, tudu bom)
Logo decatouse de que o que Nuno falaba era PORTUGUÉS, a lingua oficial de Brasil, que aínda que é un portugués algo diferente do de Portugal, ten unha orixe común co Galego. Nuno contoulle que en Brasil aínda se falaban as linguas indíxenas de antes da conquista de Portugal, mais o Italiano, Alemán, Portuñol (mestura de portugués e castelán que se fala no sur do Brasil)...
Pimpé aprendeu moitas cantigas de roda no Brasil, aprendeu a bailar Baiâo, Samba e Batucada. Aprendeu a tocar CAXIXÍ, CABAÇA, APITO, AGOGÓ, BERIMBAO e o SURDO (con ese).
E o seu amigo agasallouno coa roupa que leva posta, que se chama ABADÁ e que é a empregada para facer CAPOEIRA (arte marcial-danza, levado a Brasil polos escravos africáns). Tamén lle deu un BERIMBAO, instrumento imprescindible para acompañar a capoeira, xunto co ATABAQUE e o PANDEIRO.

No hay comentarios: