martes, 19 de mayo de 2009

SEXTO E A ANPA

Aínda ben non chegaramos de Tarragona, e xa marchaban para Manzaneda. Que bo curso están a ter estos de sexto!
O certo é que todos os anos a ANPA, para despedir aos nenos e nenas de sexto curso, ofrécelles a posibilidade dun fin de semana en Manzaneda.
Este ano Roberto e Iara fíxéronnos de reporteiros:
"Saímos o venres ás 5 da tarde e chegamos a Manzaneda ás 8:30, para cear. Despois da cea fomos xa á discoteca onde o pasamos pipa. Saimos da disco sobre ás 11:45 pero, seguimos de festa ata as dúas, máis ou menos, tendo coidado co sereno (vixiante nocturno).
O sábado xogamos ao béisbol con Aleja, coa que xa estiveramos a noite anterior na disco; Despois os cars con Rubén, onde Luís tivo un pequeno accidente; A continuación comemos e fomos a facer senderismo, na nosa ruta vimos cabalos, vacas, e bueis; Fomos logo á neve, onde o pasamos bomba deslizándonos coas palas; a facer tiro con arco e finalmente algo de escalada lateral.
Para rematar o día á disco dos maiores, pero, antes de ir para cama fomos dar unha camiñata nocturna. Vimos brilar os ollos de diversos animais na escuridade baixo a luz ténue da lúa chea e como non podía ser menos contamos algunhas historias de medo.
O Domingo fixemos un minicurso de supervivencia. Algúns fomos montar a cabalo, logo á piscina e outros xogaron ao tenis de mesa. Comemos e descansamos un pouco antes de ir con Aleja a xogar a algúns deportes.
Finalmente ás 5 da tarde saíamos dirección a Redondela."


lunes, 18 de mayo de 2009

REMATA A OLIMPIADA DO SABER

A Olimpiada de Margarida chegou ao seu fin
Gañadores:
Equipo ADA
Ana M. (4ºB)
Alba D. (3ºA)
David M. (6ºB)
Noraboa aos que están nos primeiros postos, pero, tamén, aos que sin estalo, permaneceron ahí, ao pe do canón, intentando respostar ás preguntas, investigando, curioseando, ... Seguro que o próximo ano, coa experiencia acadada, temos máis sorte.
Consultade a clasificación na páxina da Olimpiada "Margarida Quere Saber II".
Os dez primeiros clasificados tédelos aquí

EXPERIMENTANDO XUNTOS

Os nenos e nenas de 4º A quixeron compartir experiencias cos compañeiros e compañeiras do outro grupo de 4º e aquí os tedes separando mesturas, preparando disolucións, observando cristales de sal....
Por certo, seriades capaces de soamente coa axuda de un vaso de auga e un imán separar estas tres mesturas:
  • garavanzos e cortiza?
  • garavanzos e grapas?
  • e auga e aceite?
Se observades as fotos podedes ver a solución.

domingo, 17 de mayo de 2009

17 MAIO

DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Dende que no ano 1963 se celebrara por primeira vez o día das Letras Galegas en honor a Rosalía de Castro, para conmemorar a publicación de "Cantares Gallegos", foron moitos os homenaxeados.
Este ano adicouselle a Ramón Piñeiro
Nós no Cole tamén temos tradicións e cada ano na semana previa ao día das Letras organizamos moitas actividades (traballo unidades didácticas, actividades en liña, webquest, visionado vídeos, exposicións, ... ) , pero, sen lugar a dúbidas, o día cumbre é o día dos Xogos.
E este ano foi moi especial
Para comezar, coma sempre, o Himno Galego. Despois, a profe de Música, Isabel, preparou con todos os cursos, un serán, unha foliada, ... e todos, no patio, disfrutamos duns momentos inesquecibles. Uns por turnos poñían a instrumentación, e os demais bailabamos ao son. Unha xota, unha muiñeira, un pasodobre e unha polca, eso era o previsto, pero, estabamolo a pasar tan ben, que tiveron que facer bises.
E para rematar os xogos
Vede os vídeos e veredes que día tan extraordinario das Letras Galegas

miércoles, 13 de mayo de 2009

MQS II: 1º CUADERNIÑO

Despois de finalizada a primeira fase, e agora despois do primeiro cuaderniño da Olimpiada de "Margarida Quere Saber II", a clasificación cambiou moito nas primeiras posicións.

TALLER BANDA DESEÑADA

Como ben sabedes, ao redor da semana dos títeres de Redondela, aglutínanse un montón de actividades.
Mañá xoves en concreto, realízase un "Obradoiro expreso de iniciación á banda deseñada", que consiste en achegar os principios do cómic aos rapaces, segundo nos contan na información que nos fixeron chegar, empezaredes polo deseño de personaxes, entre todos definiredes as características dun personaxe do cal fará cada un a súa versión para posteriormente usalo nunha historia curta dunha páxina. (neste ultimo exercicio veredes os recursos e características da linguaxe da BD).
O taller impartirao GoChi, ilustrador dende hai 10 anos, directivo da Asociación Galega de profesionais da Ilustración, membro da mesa da BD da Xunta de Galicia, creador de Cerditos de Guinea Comics e autor da serie de piratas "Trasmallo", ademais traballou para xornais como "La Voz de Galicia" ou editoriais como "Tambre" ou "Galaxia".
O obradoiro está dirixido a rapaces de 11 a 14 anos e levarase a cabo de 18:00 a 20:00 h., na sala xuvenil da biblioteca.

viernes, 8 de mayo de 2009

DÍA ÁRBORE

Pero, hoxe era un día moi especial, ademáis do fallo do xurado do concurso de narrativa "A Reboraina", era o día en que todos, alumnos, profes, pais e nais, comunidades de montes, subimos ao monte para celebrar o día da árbore.
Saímos do cole, hoxe coas gorras que a asociación de pais e nais de alumnos/as nos agasallaron, e percorremos os camiños da parroquia ata o lugar, este ano San Martiño, e unha vez alí, organizamos xogos populares. Logo toca a merenda, que as comunidades de montes nos ofrecen, que rica estaba a empanada!, e pasamos unha mañá distinta todos xuntos.

REBORAINA: FALLO DO XURADO

Hoxe, día en que celebramos o día da árbore, emitiuse o fallo do xurado do concurso narrativo: "A Reboraina". Os gañadores son os seguintes:
CATEGORÍA A
  • 1º "O reodor desterrado". Brais Campos, 6ºA. 150 euros + lote libros
  • 2º "O misterio do muíño". Simón García, 6ºA. Chándal + lote libros
  • 3º "Todo é posible". David Misa, 6ºB. Chándal + lote libros
  • 4º "A primavera encantada", Jesús de la Torre, 3ºB. Reloxo + lote libros
  • 5º "Vaia amigo!, Nerea Bouzón, 5º. Reloxo + lote libros
CATEGORÍA B
  • 1º "Reboreda nun pesadelo". Sheyla Fernández, Ies FLoriani. 200 euros.
  • 2º "Sen título". Sara Míguez, Ies Mendiño. 150 euros.
  • 3º "Contos de vellos". Saray Casal, Ies Chapela. 100 euros.
A maiores entregamos agasallos a todos aqueles alumnos/as que colaboraron nas distintas actividades que se foron propoñendo durante o curso:
  • Portada revista "Bolboreta" - Aroa Rodríguez, 1ºB.
  • Contraportada revista "Bolboreta" - Manuel Lourenzo, 2ºA
  • Postal Nadal - Bárbara Castro, 4ºA
  • Calendario - Iara García, 6ºA
  • Cartel concurso narrativo "Reboraina" - Simón García, 6ºA

NORABOA A TODOS OS PREMIADOS!
E A SEGUIR PARTICIPANDO!

jueves, 7 de mayo de 2009

"RATIÑA LINDA"

Coñecedes o libro "Rata linda de Compostela", de Bernardino Graña?
Pois hoxe vimos unha representación teatral do conto. Que chulo, que risa, e que sustos!! Representáronola "Casa Hamlet", un chico e unha chica encantadores que nos fixeron pasar un rato moi agradable.
"E que vas facer pola noite??"

miércoles, 6 de mayo de 2009

CRÓNICA DE CÍES

Saimos do colexio ás 9:15 h para chegar ao porto ás 10:oo h. . Cando chegamos ás Illas Cíes tomamos unha pequena merenda e despois empezamos a ruta.
A ruta foi coma un xogo. Tiñamos pistas e iamos buscándoas e facendo xogos. Chegamos ata unha especie de montaña con rochas e miramos lagartos arnais, acantilados e unhas vista preciosas.
Sobre as 13:oo h. dirixímonos ao camping a comer. Xogamos, quitamos fotos e acercámonos á praia. Polo camiño había unha especie de ponte, facía moito vento e a unha compañeira vooulle a gorra que caiu ao mar.
Estivemos a xogar coas olas do mar e mollamos os pes. Pero, logo viu o barco a recollernos e despedímonos dos guías para voltar á casa.
Pasámolo moi ben e o certo é que nos gustaría voltar.
Andrea M. e Oscar (Quinto curso)

martes, 5 de mayo de 2009

ILLAS CÍES

Este luns día 4 de Maio os alumnos e alumnas de quinto curso visitaron as nosas fermosas illas Cíes.
Á espera de que nos relaten a experiencia que polo que sabemos foi moi interesante, podedes ver as extraordinarias fotos desta paraxe sen igual.
Esperamos a vosa Crónica!!

sábado, 2 de mayo de 2009

SEGUNDA FASE: MQS II

Con retraso sobre o previsto, pero, comezamos a segunda fase da Olimpiada "Margarida Quere Saber II".
Este luns 4 de Maio tedes que pasar pola Biblio a buscar o primeiro cuaderniño. Recordade que teredes que entregalo unha vez cuberto, na mesma semana, e pensade que o venres nos vamos ao monte a celebrar o Día da Árbore. Entregádello persoalmente á Bibliotecaria, co nome do Equipo e as vosas firmas nalgún recuncho.


Moita sorte!!
Hai moitos puntos en xogo!!