Mostrando entradas con la etiqueta manzaneda. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta manzaneda. Mostrar todas las entradas

sábado, 28 de mayo de 2011

VIAXE A MANZANEDA

"Os nenos de sexto fixemos unha viaxe a manzaneda dun fin de semana. A nosa aventura comezou no autobús, xunto ao noso prezado chofer: Carlos.
Ao chegar a Manzaneda , tras 4 h de traxecto deixamos a nosa equipaxe no bungalow. A nosa primeira impresión foi que o iamos pasar moi, moi ben.
Tras familiarizarnos co bungalow fomos a cear. A comida non estaba mal, aínda que se podía mellorar.
Ás nove e media da noite deixamos todas as nosas enerxías na discoteca xuvenil. Non dormimos as horas apropiadas, principalmente, porque nos deitamos ás 5:30 da mañá.
Comezamos un novo día cunha ducha refrescante e cun bo almorzo. Despois fumos os karts e para algúns foi un pouco tráxico porque nos espichamos contra os postes e a Pedro Abad o atropellaron. Fomos a montar a cabalo pero mollamonos como uns energúmenos .
Comimos e fomos á piscina, logo a merendar e ao rocodromo.
A continuación ceamos e de marcha a discotecaaaaaaa. Ao seguinte día a tiro con arco, pero facía moito frío así que nos fomos ao casino. Logo fixemos beisboll que foi a nosa actividade. Comemos e compramos algo de recordo. Despóis collemos camiño de volta e logo de romperlle a cabeza a o , chegamooos!!!"




Texto:Alumnas de 6ºA

Fotografías: Alumnas 6ºB

martes, 11 de mayo de 2010

MANZANEDA

1º DÍA: Desastroso. Chove. No autobús pasámolo ben, aínda que nos mareamos un pouco. Discoteca ben, todos uns bailaríns. A xente que ía vestida de branco brillaba na escuridade. Á hora de ir para a cama un escándalo.
2ºDÍA: Madrugamos. Segue a chover. Pero, aínda así tivemos varias actividades: Karts (algún que outro accidentado) tiro con arco (seguimos todos vivos) e despois comemos. Como seguía chovendo fomos ao club a xogar ao pinpon e ás cartas. E como seguía chovendo fomos ao pavillón, a prácticar varios deportes. Logo merendamos e fomos para a piscina, que tiña a auga moi quentiña. Pero, seguía a chover, fixemos algo de tempo ata a hora da cea e logo á discoteca, onde bailamos e xogamos coas monitoras e outros coles. Ao cerrar a discoteca fómonos para os bungalos a intentar dormir....
3ºDÍA: Chegou o día de marchar!, Que rápido pasan os días cando un o pasa ben!. Erguémonos cedo, aínda que o que máis e o que menos non queriamos levantarnos. Despois do almorzo montamos a cabalo, e si, o tempo non estaba bo, así que tivemos que usar impermeables. Algúns tiñan medo e non querían montar. O tempo empeorou e fomos ao club a xogar unha liguilla de pinpon. Mentras estabamos alí comezou a nevar, moi pouquiño, non chegaba ao chan. Ao terminar a liguilla, fomos á piscina ata a hora de comer.
Despois da comida o tempo mellorou e puidemos facer a última actividade ao aire libre, o rocódromo. Fixemos "travesía" en lugar de "escalada", porque estaba mollado, e aínda que a "travesía" é lateral, é máis complicado que ascender.
Sobre as catro e media o autobús estaba esperando por nós para voltar. Cargamos as maletas e regresamos. E aquí estamos, outra vez.
ALUMNOS E ALUMNAS DE SEXTO


O ANO QUE VEN, MÁIS!!
GRAZAS AOS MEMBROS DA ANPA QUE ACEPTAN VIR CON NÓS!

martes, 19 de mayo de 2009

SEXTO E A ANPA

Aínda ben non chegaramos de Tarragona, e xa marchaban para Manzaneda. Que bo curso están a ter estos de sexto!
O certo é que todos os anos a ANPA, para despedir aos nenos e nenas de sexto curso, ofrécelles a posibilidade dun fin de semana en Manzaneda.
Este ano Roberto e Iara fíxéronnos de reporteiros:
"Saímos o venres ás 5 da tarde e chegamos a Manzaneda ás 8:30, para cear. Despois da cea fomos xa á discoteca onde o pasamos pipa. Saimos da disco sobre ás 11:45 pero, seguimos de festa ata as dúas, máis ou menos, tendo coidado co sereno (vixiante nocturno).
O sábado xogamos ao béisbol con Aleja, coa que xa estiveramos a noite anterior na disco; Despois os cars con Rubén, onde Luís tivo un pequeno accidente; A continuación comemos e fomos a facer senderismo, na nosa ruta vimos cabalos, vacas, e bueis; Fomos logo á neve, onde o pasamos bomba deslizándonos coas palas; a facer tiro con arco e finalmente algo de escalada lateral.
Para rematar o día á disco dos maiores, pero, antes de ir para cama fomos dar unha camiñata nocturna. Vimos brilar os ollos de diversos animais na escuridade baixo a luz ténue da lúa chea e como non podía ser menos contamos algunhas historias de medo.
O Domingo fixemos un minicurso de supervivencia. Algúns fomos montar a cabalo, logo á piscina e outros xogaron ao tenis de mesa. Comemos e descansamos un pouco antes de ir con Aleja a xogar a algúns deportes.
Finalmente ás 5 da tarde saíamos dirección a Redondela."


lunes, 9 de junio de 2008

EXCURSIÓN FIN CURSO

"Hola!, eu son unha alumna de 6º de primaria. Todos os anos a Anpa do cole organiza a excursión de fin de curso e despedida de sexto a Manzaneda.
Este ano tocounos a nós. Fixemos un montón de actividades: carreiras cos cars, fomos á discoteca, tiramos con arco, escalamos no rocódromo, montamos a cabalo,... e tivemos moitas anécdotas: nalgún dos cars ao que non lle funcionaban os frenos e tiñamos que parar chocando con algo, Noelia casi leva por diante a un dos pais que nos acompañaban, aínda rimos un pouco.
Coñecemos moita xente nova e tivemos uns monitores moi simpáticos: Nataly, Sonia, Xoán e Tomás.
Pasámolo en grande!"
María I. O.
Teremos que despedirnos debidamente destos chicos e chicas. O próximo ano xa non estarán con Nós, e foron grandes colaboradores na Biblio.
Botarémolos de menos!!