O xoves pasado os alumn@s de 1º, puxerónse os gorros de cociñeiros e nin cortos nin perezosos, comenzaron a facer filloas. A responsable de todo isto foi unha lectura de aula ( O libro de Pepa ) moi divertida. Cada un dos nen@s aportou algún dos ingredientes e a partires de aí, todo foi cociñar....... debuxar......... e comer........................... UMMMMM QUE DELICIA !!!!!!!!!!!!!!!!!!
miércoles 14 de marzo de 2012
martes 13 de marzo de 2012
RECUNCHO MQS 5
Que, como vai a OLIMPIADA DE MARGARIDA??
Respondestes a moitas preguntas?, Acertastes todas?Para consultar as bases, os equipos, a clasificación,... Ide ao recuncho do concurso na barra lateral da dereita.
MOITA SORTE!!
lunes 12 de marzo de 2012
OS PEQUES DE REBOREDA TAMÉN PARTICIPAN NA OLIMPIADA DE MARGARIDA
Un ano máis os peques da escola tamén participan no famosa OLIMPIADA da escola: "Margarida quere saber..."
Nesta ocasión as preguntas de Margarida irán vencelladas co noso proxecto dos contos, é dicir, Margarida ao longo dalgunhas semanas irá plantexando varias dúbidas que entre tod@s deberemos resolver. E de que forma poderemos resolvelas?
Os exploradores xa son todos uns expertos e saben que podemos atopar as solucións nos libros da biblio de Margarida ou podemos recucrrir a outros medios, como por exemplo, empregando as novas tecoloxías, internet,... É moi gratificante ver como pouco a pouco eles van investigando e tratando de resolver pequenos enigmas.
Nesta primeira adiviña tivemos que buscar e descubrir os nomes dos autores/escritores de contos famosos. Foi un gran traballo de investigación polo que tivemos que preparar dous vídeos nos que podemos ver claramente a estes peques en acción. No primeiro amosamos o proceso que seguimos no proceso de investigación e no segundo un resumo de como todo o grupo clase axudaba para responder as cuestións de Margarida e así poder enviarlle un novo mail cos respostas.
Etiquetas:
Educación Infantil,
mqs,
olimpiada,
vídeos
domingo 11 de marzo de 2012
MARZO DE BANDA DESEÑADA
No noso Centro, somos moitos os aficionados ao CÓMIC, tanto que, na nosa biblio temos un fondo editorial de cómic bastante interesante.
Pois chicos e chicas, chéganos dende as Bibliotecas Municipais de Redondela un "Baúl Viaxeiro" cheiño de cómics: para nenos e tamén para adultos. Pasou xa por outros tres Coles, e agora é o noso turno. Durante este mes de marzo, terémolo todiño para nós.
A partir do luns 12 poderedes collelos en préstamo durante o recreo.
E se na casa, papás, mamás, tíos, ... tedes algún familiar aficionado aos cómics avisádelle que poderán tamén collelos en préstamo. Lede con atención a notiña que levades do Centro.
Hai que aproveitar e disfrutar da súa lectura!
Etiquetas:
banda deseñada,
bibliotecas escolares,
bibliotecas municipais,
cómic,
préstamo
sábado 10 de marzo de 2012
CAMPAÑA "CONTIGO"
Continuando coas charlas previstas dentro do Plan "CONTIGO" organizadas pola Policía Nacional e a Garda Civil, este venres 9 de marzo tocaba como tema "acoso escolar". Como a anterior, sobre riscos en internet, moi interesante.
Pero, a pregunta é, Quedouvos claro a vós? Sabemos xa que é eso do acoso escolar? Sabemos o que debemos facer se consideramos que estamos sendo víctimas do mesmo?
jueves 8 de marzo de 2012
MULLERES QUE COMPARTEN
Dende o Ceip de Aguiño chégannos unhas actividades LIM chulísimas, sobre o DÍA DA MULLER, elaboradas por Nela Abella.
Moitas grazas por compartilas con nós!
ANIMÁDESVOS a facelas?
Seguro que vades aprender moito!!
Muller e ciencia
Clara Campoamor e o sufraxio feminino
Etiquetas:
actividades,
lim,
muller,
plambe
martes 6 de marzo de 2012
"DA REBORAINA" 2012
Un ano máis o Ceip Santo Paio de Abaixo convoca o Concurso Narrativo "Da Reboraina". Son xa 14 os anos que levamos organizando este concurso de narrativa co que pretendemos darlle un pulo aos pequenos escritores e escritoras da nosa zona.
Vai dirixido ao alumnado de 2º e 3º ciclos do noso Centro, e a todo aquel alumnado de Secundaria dos institutos do Concello de Redondela que queiran participar.
Que, animádesvos a participar?? Seredes quen de demostrar as grandes e marabillosas historias que levades dentro??
Poñede en funcionamento a vosa imaxinación e escribide os vosos relatos!
jueves 1 de marzo de 2012
COMEZA A OLIMPIADA DE MARGARIDA
Chicos, chicas! Mañá sae a primeira pregunta da nosa Olimpiada, recordade que como é venres, é un PREGUNTÓN e hai que ir buscala á Biblio.
Xa andamos cerca dos 40 equipos e aínda non rematou o periodo de inscripción. Este ano vai haber moita competencia, así que poñédevos as pilas.
MOITA SORTE!!
e ÁNIMO!
AÍNDA VOS PODEDES APUNTAR!
martes 28 de febrero de 2012
MÁIS SUXESTIÓNS LECTORAS
Nesta ocasión Diego de 3ºB fainos unha suxestión super interesante: "Historia de Nadas" de Andrés Barba. Unha historia para nenos e adultos a partir de 8 anos, aproximadamente...
DIEGO - O libro que lin gustoume moito. Trataba dun neno de madeira chamado "Maderito", dun boxeador e dun alcalde"
E si, témolo xa na Biblio!!!
Texto da Contraportada: En el pueblo de Nadas, habitualmente tranquilo y en donde nunca pasa nada, una noche desaparecen las estrellas. Ante la consternación de los habitantes, el alcalde decide crear una expedición para visitar a tres sabios con el fin de encontrar una solución. Y la encuentran. Las estrellas no han desaparecido, sencillamente se han apagado. Para volver a verlas, deben construir entre todos una escalera lo suficientemente alta como para apretar el interruptor de las estrellas...La ingeniosa y disparatada galería de personajes (un alcalde que rueda o un niño nacido de la raíz de un árbol que no puede llorar porque se convierte en arbusto) hacen de este libro una lectura ideal para niños de entre 8 y 10 años en la que, junto al dinamismo de la historia, se hace hincapié en valores como la solidaridad, el amor o la necesidad de inclusión.
Etiquetas:
alumnado,
lecturas,
libros,
suxestións
viernes 24 de febrero de 2012
ÉRASE UNHA VEZ... EN REBOREDA
Piratas, ratiñas, ananos, brancaneves, príncipes, cazadores, lobos, carapuchiñas, vampiros, Frankensteins, ... e moitos máis personaxes de conto se viron este ano por Reboreda.
Tede coidado ou vós mesmos vos convertiredes nun!!
jueves 23 de febrero de 2012
CARTEL CONCURSO REBORAINA 2012
FOTOS DOS CARTEIS GAÑADORES DE ANOS PASADOS
PARA O ALUMNADO DE 3º, 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA
ELABORADE O VOSO DESEÑO DO CARTEL DA REBORAINA
O GAÑADOR OU GAÑADORA TERÁ PREMIO!
APROVEITADE O ENTROIDO PARA PASALO BEN E PARA DEBUXAR.
O 27 DE FEBREIRO É O ÚLTIMO DÍA.
sábado 18 de febrero de 2012
SEMANA DE ENTROIDO
Unha semana moi entensa. Cada día un pequeno novo elemento, o venres eliximos personaxe de conto e pola tarde desfile. E todo esto, sen descoidar o traballo diario, e combinandoo coa elaboración dos disfraces para o desfile.
E vós participastes con Margarida das ordes do Meco??
Suscribirse a:
Entradas (Atom)








