Mostrando entradas con la etiqueta manualidades. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta manualidades. Mostrar todas las entradas

domingo, 22 de marzo de 2015

DECORACIONS PRIMAVERAIS POLA PASCUA NA BIBLIO DE MARGARIDA

No obradoiro de manualidades dos recreos, estivemos facendo unas grilandas moi chulas con motivos primaverais que decorarán os teitos da nosa biblio. Quedaron preciosas e así de ben lucen na biblio!

martes, 11 de noviembre de 2014

ORIXINAIS PUNTOS DE LIBROS DURANTE O MES DE NOVEMBRO NO OBRADOIRO DE MANUALIDADES

Levamos varias semanas facendo terroríficos puntos de libro, co gallo do samaín, nos recreos da biblio. Ao principio estabamos un pouco tímidos á hora de crear pero pouco a pouco estamos perdendo o medo a deixar voar a imaxinación e mirade que cousas tan bonitas estamos a facer. Clicade na imaxe e esperade un ratiño a que cargue e xa poderedes ver algúns destes divertidos e sorprendentes puntos de libro.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Slideshow created with Smilebox

miércoles, 29 de octubre de 2014

OBRADOIROS DE MANUALIDADES NOS RECREOS DA BIBLIO

O pasado martes, no recreo da biblio levóuse a cabo un sinxelo obradoiro de manualidades, no que fixemos puntos de libros para as nosas lecturas. Nesta ocasión creamos divertidos mostros xa que pronto ía chegar o samaín. Ahí vos deixamos uns pequenos retazos deses momentos e non vos preocupedes se queredes ter un deses divertidos marcapáxinas porque para a semana voltaremos a facelos.