Para os nenos e nenas de 4º A UN LIBRO É.....E PARA TI? QUE É UN LIBRO?
ANIMÁDEVOS A DEIXAR OS VOSOS COMENTARIOS!
Un
libro é unha caixa de palabras que me alegra cando estou triste.
Un
libro é que un acuario no que nadan as palabras que me afogan o
aburremento cando chove no meu corazón.
Un
libro é un familiar que me dá de comer cando teño fame de
historias.
Un
libro é un circuito de palabras divertidas que me entreteñen cando
estou aburrido.
Un
libro é un vicio que me atrapa cando o empezo a ler e nunca me
solta.
Un
libro é un hotel de palabras que me fai sentir viva cando cando me
hospedo nel.
Un
libro é un volcán que me salpica coa súa lava cando estou preto
del.
Un
libro é unha piscina de palabras que me refresca cando leo.
Un
libro é unha laranxa que espremo cando preciso vitaminas de
coñecemento.
Un
libro é un serpe de palabras que me fan rir cando estou triste.
Un
libro é un edificio cheo de palabras que me acompaña cando estou
so.
Un
libro é alguén que sempre está comigo e me anima cando non teño
enerxía.
Un
libro é unha porta que me leva ao mundo da fantasía cando me
aburro no mundo real.
Un
libro é un surtidor de historias que me acompañan cando estou soa.
Un
libro é un mundo descoñecido que podo descubrir cando exploro o seu
interior.
Un
libro é saco de fantasía que abró cada vez que preciso emocións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario