Mostrando entradas con la etiqueta biblioconcerto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta biblioconcerto. Mostrar todas las entradas

martes, 21 de noviembre de 2017

Novo Biblioconcerto.

O próximo venres é o último de novembro, ou sexa que no recreo toca gozar dun Baño sonoro na aula de Psicomotriciade.
Esta vez @s artistas serán @s nen@s de 5ºA, e isto é máis ou menos o que escoitaredes.

ARRISCÁDESVOS A DICIR DE QUE PAISAXE SE TRATA?


NON VOLO PERDADES!!! 
ESPERÁMOSVOS

martes, 24 de octubre de 2017

BIBLIOCONCERTOS

Este venres comezamos cos Biblioconcertos e ao igual que o ano pasado serán BAÑOS SONOROS, inspirados en paisaxes sonoras diversas. O grupo de 5ºB será o encargado de acollervos na aula de psicomotricidade na hora do recreo.

ESPERÁMOSVOS!!!

Escoitaredes algo semellante a isto:

martes, 28 de junio de 2016

BIBLIOCONCERTO 25 DE ABRIL

Con motivo da conmemoración da Revolución dos Cravos, reunímonos na biblioteca para cantar cantigas do noso país veciño. Por suposto....non faltou GRANDOLA, VILA MORENA!!



domingo, 8 de mayo de 2016

BIBLIOCONCERTO DIA DA MULLER

O 8 de marzo celebramos no colexio o día da muller. Este mes o concerto foi adicado ás nenas do colexio, AS MÚSICAS DO COLEXIO!!! Parabéns!!


jueves, 25 de febrero de 2016

BIBLIOCONCERTO


Ademais das actividades realizadas o 29 de xaneiro, tivemos a sorte de poder asistir a un biblioconcerto cheo de música e paz. Os protagonistas foron alumnos do cole e o concerto estivo xenial.

Moitas grazas!

domingo, 10 de enero de 2016

BIBLIOCONCERTOS!!!

Este curso seguimos cos biblioconcertos.Un curso máis gozaremos coa música das nosas compañeiras e compañeiros. Nestes vídeos podedes ver os primeiros concertos. Parabéns e moitas grazas aos artistas por participar.








lunes, 6 de julio de 2015

BIBLIOCONCERTO LETRAS GALEGAS

Este mes o biblioconcerto foi adicado á cultura galega, ás letras galegas e á MÚSICA GALEGA!!!
Non vos perdades o ben que tocan estes rapaces.
Grazas por ese recreo tan divertido que pasamos con eles!!!

viernes, 15 de mayo de 2015

Biblioconcerto de abril

Abril é o mes da "Revoluçao dos Cravos". Gústanos moito esa revolución porque foi pacífica e porque a música tivo un papel moi importante nela. Así que decidimos facer un concerto-homenaxe diferente, sen artistas por un lado e público por outro, cantando todas as canciós en portugés que coñeciamos.
Porque sabemos que a arte non é só cousa de artistas, nin a música só cousa de músicos....


Cravos from Isabel on Vimeo.

E aquí tedes a nosa preparación previa facendo carabeis, e logo no concerto con GRÂNDOLA, VILA MORENA, de Xosé Afonso.

Biblioconcerto 25 de abril from Isabel on Vimeo.

lunes, 9 de febrero de 2015

Biblioconcerto do Día da Paz

O Día da Paz fixemos moitas actividades.
Entre elas tivemos un novo Biblioconcerto, esta vez de guitarras e voz. Mirade que ben o fixeron:


domingo, 23 de noviembre de 2014

BIBLIOCONCERTO de Santa Icía

O venres 21 tivemos novo concerto na Biblio. Esta vez estivo dedicado a Santa Icía, patroa d@s músic@s, e as intérpretes foron as profes Cris, Loli, Aida, Lydia e Isa, coa participación vocal de todo o público presente. Pasámolo xenial!!!



sábado, 1 de noviembre de 2014

BIBLIOCONCERTOS

O día das bibliotecas escolares tivemos a sorte de escoitar a estes artistas da escola de música de Reboreda. Grazas a súa mestra Erika, por acompañarnos durante o concerto e polo seu labor con estes nenos/as!!! PARABÉNS!!!