Mostrando entradas con la etiqueta 2013. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 2013. Mostrar todas las entradas

jueves, 13 de junio de 2013

A NOSA DERRADEIRA LECTURA SILENCIOSA DO CURSO

O curso está a piques de rematar. O venres 7 pechamos a nosa biblio ata o vindeiro curso. E o pasado mércores 5 de xuño fixemos a última lectura silenciosa deste curso. Aproveitando o bo tempo saimos tod@s ao patio...
E a gozar da lectura!



E tamén tivemos a derradeira animación á lectura para os menos de 2º e 3º ciclo. O xoves 6 visitounos Manuel Solla... 
Cantas historias saen da súa maleta ! E que ben o pasamos! 

domingo, 2 de junio de 2013

"ARTE LIBRE NUN MONTE LIMPO"

O pasado 24 de maio os nen@s de 5º e 6º asistiron a inauguración da exposición "ARTE LIBRE NUN MONTE LIMPO" na Senda da Auga. Partindo dunha iniciativa das Comunidades de Montes expóñense ao longo do camiño os debuxos de tod@s os alumn@s do colexio cos seus respectivos lemas e coa fin de concienciar a tod@s da importancia de coidar a natureza e os nosos montes
Unha exposición única nun enclave privilexiado!!!
Para ver o artigo no xornal preme aquí

miércoles, 8 de mayo de 2013

O KAMISHIBAI CHEGA Á BIBLIOTECA

O Kamishibai é un teatriño tradicional xaponés que se usa para contar historias mediante unhas láminas ilustradas. E este curso chegou a Reboreda grazas ás profes de primeiro. As mestras fabricaron con madeira o teatriño e os nen@s de primeiro prepararon as láminas cos contos.  Os de 1º B eran contos tradicionais con finais abraiantes e o conto de 1º A  foi totalmente inventado polos nen@s demostrando o moito talento que teñen. 
Unha vez preparado todo invitáronnos ao espectáculo: os narradores ían contando o conto e mostrando os debuxos según ía sucedendo a historia. FOI UN ÉXITO!!!
Despois regalaron o Kamishibai cos seus contos para a biblioteca:
 Que contenta estaba Margarida! 
Agora temos o Kamishibai a disposición de tod@s: animádevos a preparar os vosos contos!