lunes, 2 de diciembre de 2013

PALABRAS DE OUTONO
Coa chegada do outono, Margarida agasallounos estas palabras que nós transformamos en fermosos poemas. Estes son só unha pequena mostra, se nos visitas na biblio poderás velos todos...PARABÉNS A TODOS E TODAS POLOS VOSOS TRABALLOS!





A xente polo San Martiño
anda polo camiño
comendo pan
e bebendo viño.

Gústanvos moito as cabazas
e comémolas preto das terrazas.

Setembro pasou
e con él a vendima
xa rematou.

Xogamos e bailamos,
e o esquío
non di nin pío.

No tempo das cabazas
meu pai vai de caza.

Sempre que imos
aos zonchos
levamos postos os ponchos.

Coa baloira vareamos
todo o que logo apañamos.

5º B
Indo á festa
de San Martiño
atopamos
un esquío no camiño.


Tomamos zonchos
bebemos viño
e nunha cabaza
bebemos un viño


1º A

No outono
vai a San Martiño,
mata o teu porquiño
sexa grande ou pequeniño.

No outono
está rideiro o castiñeiro,
contenta a castiñeira
con cartos na faltriqueira

No outono
celebramos o samaín
decoramos cabazas
e comemos castañas sen fin.

No outono
é tempo de cabazas
é tempo de castañas
e de viño novo nas tazas.

Laura. 4º B

No hay comentarios: