O Kamishibai é un teatriño tradicional xaponés que se usa para contar historias mediante unhas láminas ilustradas. E este curso chegou a Reboreda grazas ás profes de primeiro. As mestras fabricaron con madeira o teatriño e os nen@s de primeiro prepararon as láminas cos contos. Os de 1º B eran contos tradicionais con finais abraiantes e o conto de 1º A foi totalmente inventado polos nen@s demostrando o moito talento que teñen.
Unha vez preparado todo invitáronnos ao espectáculo: os narradores ían contando o conto e mostrando os debuxos según ía sucedendo a historia. FOI UN ÉXITO!!!
Despois regalaron o Kamishibai cos seus contos para a biblioteca:
Que contenta estaba Margarida!
Agora temos o Kamishibai a disposición de tod@s: animádevos a preparar os vosos contos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario