Mostrando entradas con la etiqueta colaboradores. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta colaboradores. Mostrar todas las entradas

sábado, 11 de octubre de 2008

EMPRÉSTITO RECREOS

Esta semana que acaba de rematar demos comezo ao préstamo nos recreos. Da gusto ver entrar aos rapaces e rapazas en busca dese libro, desa historia marabillosa que todos buscamos cando entramos na Biblioteca. Pero, e ver como os "Bibliotecarios", (esos alumnos e alumnas de 5º e 6º cursos, que colaboran nos traballos bibliotecarios) atenden aos máis pequenos, colocan os libros, len contos, fan fichas, realizan o empréstito,...???
Realmente todos, uns e outros, estaban moi impacientes por poder entrar xa na Biblio. Tivemos moito traballo, moito movemento, moitas visitas, moitos préstamos,... O certo é que o espazo (xa o pasado ano) quédasenos pequeno.

martes, 24 de junio de 2008

OS MELLORES BIBLIOTECARIOS

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º un ano máis superaron as expectativas da Biblio. Realizaron préstamos, atenderon aos nenos e nenas que como clientes visitaban a Biblio, fichaban e selaban os libros, fixeron de contacontos,... e como auténticos bibliotecarios déronlle vida a este espazo que cada vez é máis deles que nunca.
Grazas a todos e todas!!
E aínda que vós, os de 6º, xa non estades aquí o curso que ven, recordade que segue a ser a vosa Biblio.
Para os de 5º, nos vemos o próximo curso, que contaremos seguro cos que agora estaban en 4º.
Feliz Verán a todos!!!