sábado, 11 de octubre de 2008

EMPRÉSTITO RECREOS

Esta semana que acaba de rematar demos comezo ao préstamo nos recreos. Da gusto ver entrar aos rapaces e rapazas en busca dese libro, desa historia marabillosa que todos buscamos cando entramos na Biblioteca. Pero, e ver como os "Bibliotecarios", (esos alumnos e alumnas de 5º e 6º cursos, que colaboran nos traballos bibliotecarios) atenden aos máis pequenos, colocan os libros, len contos, fan fichas, realizan o empréstito,...???
Realmente todos, uns e outros, estaban moi impacientes por poder entrar xa na Biblio. Tivemos moito traballo, moito movemento, moitas visitas, moitos préstamos,... O certo é que o espazo (xa o pasado ano) quédasenos pequeno.

1 comentario:

Anónimo dijo...

moitas grazas por traballar tanto na biblioteca para que podamos ler tantos libros.