Mostrando entradas con la etiqueta disfraces. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta disfraces. Mostrar todas las entradas

martes, 12 de febrero de 2013

ENTROIDO EN REBOREDA

O venres celebramos o entroido no colexio. 
Todo estaba relacionado co proyecto deste curso "O ser humano, un ser extraordinario". Polo que había disfraces históricos: mulleres e homes da Prehistoria (trogloditas), faraóns e faraonas  chegados do antigo Exipto coa súa corte e damas e cabaleiros da Idade Media; disfraces relacionados co corpo humano: glóbulos vermellos, glóbulos brancos, plaquetas e virus; e tamén disfraces relacionados coas artes, descubrimentos e creacións humanas...
Que bonito e lucido quedou o desfile!



 Os nen@s do 3º ciclo decidiron representar as artes: música, literatura, pintura, escultura, arquitectura, astronomía, cine...
Así poidemos ver afamados pintores (Picasso, Frida Kahlo, Dali e Velázquez) e algúns dos seus cadros; a personaxes de cine; a Mozart, Beethoven, a danza e as súas partituras; a Eiffel coa súa torre, as creacións de Gaudí, esculturas das épocas clásicas e modernas ; a Cervantes, Shakespeare e algunhas das grandes obras da literatura; a Galileo e o Sistema Solar; e sen esquecer os vídeoxogos, unha das máis recentes creacións humanas.


viernes, 24 de febrero de 2012

ÉRASE UNHA VEZ... EN REBOREDA

Piratas, ratiñas, ananos, brancaneves, príncipes, cazadores, lobos, carapuchiñas, vampiros, Frankensteins, ... e moitos máis personaxes de conto se viron este ano por Reboreda.
Tede coidado ou vós mesmos vos convertiredes nun!!

sábado, 18 de febrero de 2012

SEMANA DE ENTROIDO

Unha semana moi entensa. Cada día un pequeno novo elemento, o venres eliximos personaxe de conto e pola tarde desfile. E todo esto, sen descoidar o traballo diario, e combinandoo coa elaboración dos disfraces para o desfile.
E vós participastes con Margarida das ordes do Meco??

lunes, 7 de marzo de 2011

ENTROIDO 2011

Durante este curso 2010-2011 estamos a levar a cabo no Centro un Proxecto ao redor da AUGA. Foron xa moitas as actividades, saídas,... que se fixeron con tal motivo. Realmente está a darnos moito xogo.
E como non podía ser doutro xeito, agora no ENTROIDO tocaba ver como podiamos aproveitar esta temática, levala a aula, e poñela en práctica nos nosos disfraces.
PROBA SUPERADA!!
Dende os distintos estados da auga (sólido, líquido, gasoso), o planeta Terra (os polos), os animais que alí viven (Pinguíns), e os seus habitantes (esquimós) - Educación Infantil (OS PINGUÍNS E O XEO).
Pasando pola Auga como fonte de Vida, necesaria para todos os seres vivos, animais e plantas, a cercana chegada da primavera e o rexurdir dos xardíns, campos,... coas chuvias e as regas - Primeiro Ciclo (FLORES NO XARDÍN).
Retomando tamén antigas crenzas (Mitoloxía), de grandísimas civilizacións, onde otorgaban ás forzas da natureza enormes poderes e os transformaban en Deuses (Neptuno, Poseidón,... ), e que forza da Natureza máis enorme que a auga?? - Segundo Ciclo (NEPTUNO E AS NINFAS).
E non podiamos olvidarnos do noso entorno máis cercano: O noso río, O RÍO ALVEDOSA; A enseada de San Simón; A ría de Vigo; ... . Coa súa fauna, e a súa flora, os seus traballadores, ... - Terceiro Ciclo (MUNDO MARIÑO)
E como todos os anos a ANPA tamén participou desta festa. Adiviñaredes de que iban???