Mostrando entradas con la etiqueta coyas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta coyas. Mostrar todas las entradas

sábado, 19 de septiembre de 2009

PIMPÉ EN AMÉRICA

A aula de música tamén ten mascota: PIMPÉ.

Pimpé estivo de vacacións por América e o primeiro país que visitou foi Bolivia. Alí recibiuno un neno coya chamado Kori Sisicha (formiguiña de ouro) que foi quen lle ensinou a saudar en quechua, tamén lle ensinou cancións, xogos e agasallouno co poncho e gorro que Pimpé leva neste momento. Pimpé tróuxonos tamén algúns instrumentos...
E vós, xa averiguastes máis datos da cultura Coya, a lingua Quechua e o seu emblema?

Allinllaña (hasta mañana)

lunes, 14 de septiembre de 2009

SAUDÁMONOS EN QUECHUA

SUMAJ JAMUNKI
(Benvido en Quechua)

A lingua QUECHUA é falada por máis de 10 millóns de persoas. Fálase en Bolivia, N.O. de Arxentina, Ecuador, Colombia, Chile, Perú e é cooficial en Bolivia, Perú, Ecuador e Colombia.

Aproveitando que vamos coñecer e traballar moitas das culturas deste o noso planeta Terra, vamos aproveitar para coñecer como se saúdan en algunhas delas. Esta semana vamos saudarnos en Quechua:

Sutikuni ... ----(Chámome ...)

Allillanchu ---- (Entón ben?)-Saúdo

Allillanmi ---- (Entón ben)-Resposta

É a lingua dos COYAS. E esta é a súa bandeira.

Seredes quen de averiguar algo máis da lingua Quechua, os Coyas e esta curiosa bandeira?