lunes, 22 de marzo de 2021

EXPOSICIÓN DOS TRABALLOS DAS AULAS SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO

Este trimestre cada aula fixo un pequeno proxecto de investigación e durante toda esta semana os traballos de todas as aulas estarán expostos polos corredores do centro. Temos colocado un horario para que todos os grupos poidan percorrer a exposición. Cada grupo disporá dunha tablet para poder ver as explicacións dos compañeiros, xa que, todos os traballos veñen acompañados de información, vídeos... inseridos nun código QR. Un xeito de compartir os traballos feitos nun momento onde as normas de convivencia nos obrigan a estar separados. Para as familias e os que non podedes asistir tedes un vídeo cos traballos publicado nos nosos blogs e en instagram.
 

No hay comentarios: