Un ano máis o noso centro únese a commemoración deste día uníndoo co PDI Jurassic Park.
A actividade dividiuse en dúas partes, por un lado fixemos un mural co lema: "QUE VOLVAN OS DINOS E SE EXTINGA...", cada aula traballou unha palabra relacionada coa violencia e plasmou todo ese traballo nun código QR.
Os carteis coas palabras e os códigos colocáronse no mural para que o resto dos compañeiros puidesen ver o traballo de todas as aulas.
As palabras que traballamos, entre outras foron: insultos, ameazas, humillacións, violencia, patriarcado, machismo, feminazi, mansplaining, brecha de xénero...
Por outra banda, cada aula fixo 4 pegadas de dinosaurio en aerofix violeta e dentro de cada pegada, por equipos, escribiron unha palabra en positivo para contribuír a extinción de todas estas palabras que queremos que desaparezan. Despois, cada aula foi colocando as pegadas dende a súa aula ata o corredor central onde está o cartel, de xeito que todos os pasos nos levan ao mesmo lugar.
Un traballo no que participaron todas as aulas e todos os alumnos/as do centro. Un día no que, máis que nunca, a educación debe estar moi presente porque so a educación pode cambiar as cousas que non están ben.
No hay comentarios:
Publicar un comentario