Esta pasada semana tivemos a visita de dous maestros de Taekwondo: Iago e Roi. Con eles aprendimos unha morea de cousas ao redor desta arte marcial:
- Naceu en Corea do Sur e agora practícase en todo o mundo
- Hai tres modalidades: Técnicas (pumses), combate e rompementos.
- Axuda a desenvolver un montón de cualidades: elasticidade, forza, axilidade, reflexos, ...
- A cor do cinturón amosa o nivel do practicante.
- As puntuacións en función de onde se golpee, con xiro, valen máis.
- A contar nun montón de linguas. Tamén en coreano.
- O equipo necesario para practicalo: traxe e proteccións.
- Algunha terminoloxía: Charyot - atención; Sahyum -maestro; Kyong Ye - reverencia (saúdo).
Vamos que o pasamos moi ben e aprendimos moito.
Grazas por compartir con nós estos momentos e ata a próxima!
Alumnado 5ºA
No hay comentarios:
Publicar un comentario