Seguimos cos talleres dos gañadores do concurso "Coñecendo a orixe". Nesta ocasión "Los superheroes me importan un pepino" fixeron está orixinal proposta de kriptonita. A pesar dalgúns problemas técnicos pasámolo ben e conseguimos resolver o reto. Clicade na imaxe para ver a presentación!
Mostrando entradas con la etiqueta superheroes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta superheroes. Mostrar todas las entradas
miércoles, 24 de mayo de 2017
jueves, 30 de marzo de 2017
O SUPERPODER DO PROFE GUILLERMO
Este trimestre estamos traballando os superheroes cercanos e nesta ocasión tivemos na aula a un superheroe moi, moi cercano: o profe Guillermo. Resulta que o profe ten o superpoder de atopar fósiles cando anda de paseo polos montes na Rioxa e, fósil a fósil, foi estudando, investigando e aprendendo unha chea de cousas deles. Así que a semana pasada tivemos a sorte de telo na nosa aula compartindo os seus saberes con nós.
viernes, 10 de febrero de 2017
SUPERHEROES CERCANOS: OS BOMBEIROS
Os Apolos despois de visitar o parque de Bombeiros de Teis, de investigar e traballar arreo na aula prepararon unhas presentacións para explicar o que xa saben dos bombeiros.
Queredes saber máis? Pois non perdades detalle.
miércoles, 8 de febrero de 2017
OS SUPERHEROES TAMÉN TEÑEN QUE RELAXARSE
A profe Isa e os alumnos de 5º convidáronnos a unha sesión moi especial na aula de psicomotricidade. Nos vos conto máis.
MOITAS GRAZAS PROFE E RAPACES ED 5º FOI XENIAL!!!
domingo, 22 de enero de 2017
O SUPERPODER DE 5º E DOS APOLOS: A ROBÓTICA
O principio do trimestre os Apolos fomos a 5º A a ver o seu recuncho da ciencia e a aprender dos insectos. Desta volta foron os maiores os que viñeron a nosa aula para aprender conceptos básicos de robótica.
Para iso dividimos a clase en 4 talleres, un para desenvolver o noso lado creativo e imaxinativo construindo un robot con material de refugallo. Os maiores contaron coa axuda inestimable de Alba e Mauro que o fixeron xenial cando nos construimos os nosos robots.
Outro para dotar de movemento a algo construído con material de refugallo, neste caso un brazo robótico. Para iso o equipo tiña un vídeo cos pasos a seguir e a axuda e consello de David e Ainoa que xa fixeran a man robótica.
No seguinte taller os maiores tentaron seguir construindo o robot solar con axuda de Daniela e Carla (aínda que estaban un pouco nervosas porque os maiores impoñen e non falaron moito)
Finalmente, un taller de linguaxe computacional para entender coma programar un robot comandados por Teo, Zaira e Anxo que son uns auténticos expertos.
Pasámolo moi ben e encantounos ser profes dos maiores.
Coma non puidemos acabar todo o que tiñamos imos ver se en xaneiro volvemos xuntarnos para seguir dende o deixamos.
Etiquetas:
5º,
Educación Infantil,
ROBÓTICA,
superheroes
martes, 17 de enero de 2017
OS APOLOS TAMÉN PARTICIPAMOS NO CONCURSO DE MARGARIDA
A semana pasada o reto de Margarida de Coñecendo a orixe foi moi
difícil, o máis complicado de todos. Debiamos deseñar algún mecanismo
para mellorar os poderes de Superlópez. Os Apolos cando comezamos co
proxecto dos robots vimos un vídeo dunha man robótica caseira e Daniela
pensou que Superlópez podía ter tres mans e así podía loitar mellor
contra os malvados. Ao resto gustounos a idea e puxémonos mans a obra.
E así o fixemos.
E así o fixemos.
miércoles, 21 de diciembre de 2016
PUNTUACIÓN FINAL DE COÑECENDO A ORIXE
O concurso chega ao seu fin. Moitímas grazas a todos por participar. Fixéstelo xenial e agora estade atentos porque o segundo trimestre contamos cos vos para que nos amosedes as vosas respostas en vivo e en directo. Xa vos contaremos.
NORABOA AS SUPERHEROÍNAS DE 4º, E TAMÉN AOS GUERREIROS DO SILENCIO E AOS SUPERHEROES IMPÓRTANME UN PEPINO.
NORABOA AS SUPERHEROÍNAS DE 4º, E TAMÉN AOS GUERREIROS DO SILENCIO E AOS SUPERHEROES IMPÓRTANME UN PEPINO.
miércoles, 14 de diciembre de 2016
PUNTUACIÓN COÑECENDO A ORIXE 3
As puntuacións están moi próximas. Esta semana levan os 10 puntos do reto "Os superheroes importánme un pepino" que quedan a so 2 puntos da cabeza, que está en mans dos "Guerreiros do Silencio" e das "Superheroinas de 4" así que nos vos despistedes e lucídevos na última proba. Lembrade o luns teñen que estar as respostas porque o martes daremos o premio. A vindeira semana non publicaremos a puntuación para manter o suspense ata o final!!! Se falta alguén por responder dádevos presa. Inda recollemos as respostas!!!
viernes, 2 de diciembre de 2016
PUNTUACIÓN ACTUALIZADA DE "COÑECENDO A ORIXE..."
Noraboa a todos os participantes porque hai respostas moi orixinais. Aquí tedes os puntos desta semana. Coma era a primeira semana incluimos os que chegan tarde pero respectades os prazos nas vindeiras veces senón quedaredes sen puntuación:
COÑECENDO A ORIXE DE...
Susan "Sue" Storm, tamén coñecida coma a "Rapaza Invisible" ou a "Muller Invisible". É unha personaxe que pertence a Marvel Comics e foi creada por Stan Lee y Jack Kirby e apareceu por primeira vez na historieta Fantastic Four.
Sue nace en Long Island (New York) e namorouse do científico Reed Richards. Este científico quere facer unha nave espacial que faga posible as viaxes a outros sistemas solares pero o goberno deixa de darlles diñeiro. Richards fai unha proba antes de deixar o proxecto. Sue decide acompañalo e tamén se unen o irmán de Sue, Johnny e un amigo de Richards, Ben Grimm.
Xa no espazo a nave atópase unha chuvia de raios cósmicos o que obriga a abortar o voo. Na terra danse conta que a radiación provocou cambios no seu corpo e agora Sue pode facerse invisible. Os outros compañeiros tamén adquiren poderes e Sue decide fundar Os 4 fantásticos.
Durante un corto espazo de tempo Sue tamén pertence aos vengadores.
Tedes máis información en:
Pero, ademais da muller invisible, hai máis mulleres superheroinas, aquí tedes 10:
Estade atentos, lede ben e respondede con tino.
AS RESPOSTAS FARÁNSE NO APARTADO DE COMENTARIOS POÑENDO O NOME DO EQUIPO. TEDES ATA O PRÓXIMO MÉRCORES DÍA 7 DE DECEMBRO, NON VOS DESPISTEDES!!! O XOVES SACAREMOS A PUNTUACIÓN E O VENRES NOVA PREGUNTA
Aquí tedes a pregunta desta semana (5 puntos).
DI O NOME DE 3 SUPERHEROÍNAS DISTINTAS DA MULLER INVISIBLE?
DI O NOME DE 3 SUPERHEROÍNAS DISTINTAS DA MULLER INVISIBLE?
E agora o reto (entre 1 e 10 puntos)
Eres capaz de facer invisible algunha cousa?
Para superar o reto coma sempre, pensade que queredes facer, cal é o material que vos vai falla, probade e cando o teñades contádemos que fai falla e como o fixestes. Non vale copiar o do vídeo!Sedes orixinais, creativos e, sobre todo, pasádeo ben experimentando!!!
jueves, 24 de noviembre de 2016
COÑECENDO A ORIXE DE...
Comezamos este concurso co superheroe de todos os tempos, sen dúbida ningunha trátase de Superman.
Foi creado polo escritor estadounidense Jerry Siegel e polo artista canadense Joe Shuster en 1933. Superman foi vendido a DC COMICS e publicouse por primeira vez en 1938 en Action Comics. O seu éxito foi tal que convertiuse no heroe máis seguido nos comics estadounidense, apareceu en seriais de radio, televisión, películas...
KAL-EI é un bebe que vén do planeta Krypton. Planeta que vai ser destruído e os seus pais, que son científicos, envÍano nunha nave espacial a terra para salvalo.
A nave cae a terra nunha granxa de Smalville, en Kansas, alí viven Martha e Jonathan Kent, que adoptan ao neno e coidano. Chámanlle Clark Kent, e incúlcanlle un estricto código moral.
De mozo comeza a amosar os seus superpoderes.
Ao rematar os seus estudos comeza a traballar no Daily Planet de Metrópolis coma un tímido periodista. Alí coñecerá a Lois Lane da que se namorara.
Superman ou tamén chamado o Home de Aceiro, leva un traxe azul con capa vermella e unha insignia no peito cun S. Ten supervisión, oído de alta frecuencia, unha forza sobrehumana, pode voar... Pero é intolerante a kryptonita. Un metal do seu planeta que o debilita e anula todos os seus poderes.
Podedes saber máis de superman en:
E aquí Superman animado. É unha serie antiga pero tamén está ben ver coma eran os debuxos de antes!Estade atentos, lede ben e respondede con tino.
AS RESPOSTAS FARÁNSE NO APARTADO DE COMENTARIOS POÑENDO O NOME DO EQUIPO. TEDES ATA O PRÓXIMO MÉRCORES DÍA 1 DE DECEMBRO, NON VOS DESPISTEDES!!! O XOVES SACAREMOS A PUNTUACIÓN E O VENRES 2 DE DECEMBRO NOVA PREGUNTA
Aquí tedes a pregunta desta semana (5 puntos)1. CAL É O VERDADEIRO NOME DE SUPERMAN?
E agora o reto (entre 1 e 10 puntos)
A kriptonita é un metal do planeta krypton que anula todos os poderes de Superman.
ATREVÉDESVOS A CREAR KRYPTONITA?
Para superar este reto tedes que pensar como poderiades facer kryptonita, que vos fai falla e cal sería o proceso para facela. Cando o teñades decidido podedes experimentar e ver o que vos sae.
Unha vez que xa teñades as ideas claras debedes facer un comentario contándonos os materiais que necesitamos e cal é o proceso.
É difícil? Que va!! De seguro que se vos ocorren ideas fantásticas pero por se necesitades inspiración aquí vos deixo unha idea (non vale copiala!!)
Buscamos que sexades orixinais e nos sorprendades. As máis orixinais, divertidas e que se parezan máis ao que pedimos levarán máis puntos e ademais no segundo trimestre poderedes levalas a cabo na biblio para o resto dos vosos compañeiros.
VEÑA AMOSÁDENOS DE QUE SODES CAPACES!!!
lunes, 14 de noviembre de 2016
SEMANA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES: PLSS DE SUPERHEROES
Aproveitando a celebración da Semana das Bibliotecas Escolares a nosa lectura silenciosa foi un pouco distinta. As aulas escolleron contos de superheroes e prepararon a súa lectura para brindarlla aos compañeiros na hora da lectura silenciosa.
O xoves uns leron e outros escoitaron e o venres cambiamos as quendas de escoita e lectura.
martes, 8 de noviembre de 2016
CONTOS DE SUPERHEROES DO ALUMNADO DE 6º
Esta semana para conmemorar o Día das Biblotecas Escolares, o xoves e venres compartimos o tempo de lectura con outras clases. A nós tocounos ir lerlle un conto de superheroes
aos grupos de Educación Infantil. Con moita ilusión escribimos, por
parellas ou de xeito individual, varios contos de superheroes e de entre
todos eles escollemos este.
Pouco a pouco iremos publicando o resto.
Esta é a lectura dun grupo na clase dos Xirasois
jueves, 27 de octubre de 2016
MÁIS CONTOS DE SUPERHEROES
Coñecedes ao Capitán Verdemán, o heroe da recilaxe?
Aquí tedes a súa historia que podedes atopar neste libro
Había una ciudad realmente sucia y mugrienta. La gente tiraba la basura y dejaba que se pudriera.
Nunca olía a fresco, el aire era brumoso; la gente despilfarraba. Eran unos inútiles y perezosos.
Pero entonces llegó volando algo que nadie conocía: era algo muy raro. No era un pájaro ni era un aeroplano.
Un superhéroe, un paladín con capa verde descendió por fin con revuelo hasta el suelo…
Cayó en la Tierra con gran estruendo y fue a parar a un vertedero.
Soy el capitán Verdemán , para lo que pueda ayudar. Yo soy verde y vengo adrede a salvar el planeta Tierra.
¡Hay que parar esto en seguida! Tenéis que tomar serias medidas, los montones de basura casi llegan a la Luna.
¡Los desechos son basura!¡ La clave es reciclar!
Desapareció al momento sin tiempo a un parpadeo.
Entre murmullos de asombro se miraban unos a otros: La hermana decía al hermano, mientras el padre a la madre decía:
“Una ciudad verde y limpia sería algo bonito de ver. Este chico tiene razón, tan difícil no tienes que ser.”
Reciclaron el papel, las latas y el plástico; ¡transformaron trastos viejos en algo fantástico!
Iniciaron una campaña: “sé más verde”. Recogían el agua de la lluvia y cultivaban sus verduras.
Tan orgullosos estaban de su ciudad y de su verde transformación, que organizaron una gran fiesta, una gran celebración.
Adornaron la ciudad con papel higiénico reciclado (lo extendieron con cuidado para poder volver a usarlo).
Cuando Verdemán volvió a visitar la ciudad, encantado quedó de tanta efectividad.
La gente había conseguido aquello que había dicho. La calle era un lugar bonito de mirar.
“¡Mira nuestra ciudad! Todo reluce y todo brilla. Ahora nadie ensucia y nada se desperdicia “.
Al Capitán Verdemán, le hicieron un homenaje. ¡A nuestro héroe superverde, campeón del reciclaje!
Pero el Capitán Verdemán ya se había esfumado. Había volado ya a salvar otra ciudad.
Así que si un día ves una silueta verde que el cielo cruza como un cohete, salúdale con la mano o grita su nombre bien fuerte: Capitán Verdemán superhéroe del reciclaje.
Pero, se ademais de ler queres disfrutar dunha serie de superheroes diferente e divertida podedes ver aos PJMASK. Coñecédelos? Tedes a Gatuno, Buhita e Geco preparados con centos de aventuras. Aquí vos deixamos un capítulo.
Ás veces botamos en falta as superheroinas por iso, se queredes ver a unha moza de armas tomar non podedes deixar de ver a Ladybug. Polo día é María, unha moza normal, pero... ten un segredo!
E, por último, un superheroe que vos queda xa non lonxe pero que podedes ver cos vosos pais, seguro que lles trae bos recordos. Son as aventuras de SUPER RATÓN. O único rato que come queixo supervictaminado!!!
martes, 25 de octubre de 2016
CONTOS DE SUPERHEROES
Este xoves e venres na lectura silenciosa leremos historias de superheroes. Para os que non atopades ningunha aquí vos deixamos algunhas ideas.
O GATO CON BOTAS, un conto tradicional onde o gato non ten superpoderes pero si unha astucia que o fai poderoso.
SUPERHEROES DE MARVEL, un pequeno resumo dalguns dos personaxes de cómic máis famosos.
E OUTRO DE SUPERHEROES NON TAN COÑECIDOS
viernes, 7 de octubre de 2016
RECURSOS E MÁIS RECURSOS DOS SUPERHEROES E DAS SUPERHEROINAS
Este ano no cole de Reboreda temos un tema que é todo un reto, "EU TEÑO UN SUPERPODER".
E para poder arrincar decidimos aprender máis cousas dos superheroes aproveitando algúns dos recursos que nos da a rede.
A continuación tedes dous symbaloo, un para infantil e outro para primaria, onde hai unha chea de recursos dos superheroes, tedes proxectos doutros coles para os profes, información xeral, debuxos, disfraces, recursos, contos e, tamén, xogos.
Así que tomade o voso tempo e entrade nos enlaces para seguir aprendendo. Nos vindeiros días deixarémolos de xeito permanente na barra lateral.
SYMBALOO PRIMARIA
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




