A última semana de abril celebramos a "Semana do libro" e dende a biblioteca deseñamos unha chea de actividades.
Comezamos decorando os espazos do centro: escaleiras que convidan a ler, un mural na entrada, novo espazo de lectura na biblioteca...
Seguimos convidando aos lectores que quixeran a ter unha cita a cegas. Tiñamos mesas con libros empaquetados con etiquetas que correspondían as diferentes idades. Os que querían podían escoller un libro sen coñecer o título, unha auténtica cita a cega para descubrir lecturas que, seguramente, por nós mesmos non teríamos escollido.
O xoves a lectura silenciosa foi especial porque os pequenos contaron aos maiores historias de superheroes.
E rematamos a semana convidando as familias a facer connosco a lectura silenciosa.
Clicade na imaxe para ver coma nos foi a semana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario