Mostrando entradas con la etiqueta ecometta. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ecometta. Mostrar todas las entradas

jueves, 10 de marzo de 2011

PREMIADOS!! OUTRA VEZ!!

Recordades os premios ECOMETTA?
Si, o primeiro concurso de debuxo Eco-Meteorolóxico do noso pais, este ano, na súa 3ª edición.
Un ano máis demostrouse que este cole está cheo de artistas, entre nominados e gañadores en cada categoría enchemos un museo. E non houbo máis porque o nivel foi altísimo este ano.
Se queredes ver os seus debuxos visitade a páxina do concurso:
NORABOA a tod@s!


sábado, 30 de enero de 2010

CHEGARON OS PREMIOS

Por fin chegaron os Premios ECOMETTA Unha pizarriña para todos e todas os que partiparon
Premio especial para o "Equipo do Millo"
E Premios para Samu, Alba e Mara

FANTÁSTICO TRABALLO!!

O ANO QUE VEN, MÁIS!!

lunes, 18 de enero de 2010

PREMIOS ECOMETTA

Que é "ECOMETTA"?
É o primeiro concurso de debuxo eco-meteorolóxico que se fai no noso país.
Porque se chama así?
ECOloxía, METeoroloxía do Tempo dos Aficionados.
Quen pode participar?
Todos os nenos e nenas de idades comprendidas entre os 4 e os 15 anos en tres categorías: Cúmulus húmilis (4-7), Cúmulus mediocris (8-11) , Cúmulus congestus (12-15).
O prazo para participar remataba o 18 de Decembro.
Pois a noticia é que dende o noso cole participaron algúns cursos, e cal foi a nosa sopresa cando nos enteramos que foron premiados moitos dos nenos e nenas participantes:
Premio especial para "El equipo del Maiz"
Premio especial para Samu (clase dos Vincis)
Premio especial para Mara (clase dos Exploradores)
Premio especial para Alba (clase dos Sinefos)
E por suposto un agarimo para todos os participantes, que do noso cole, foron moitos.
E xa sabedes o próximo ano a participar tod@s.