Con motivo destas datas e dende a Concellaría de Servizos sociais e Igualdade, o Concello de Redondela ofreceunos a Exposición: "MULLERES GALEGAS NA HISTORIA"
Unha pequena homenaxe a Rosalía de Castro, neste ano 2010 no que se conmemora o 125 aniversario do seu pasamento.Rosalía, a nosa grande escritora, foi tamén a precursora do feminismo en Galiza. Muller loitadora e adiantada ao seu tempo, como tantas outras que destacaron pola súas singulares vidas en distintos eidos, rompendo moldes e chegando, en moitas ocasións, a pór en perigo a propia existencia polo único feito de seren mulleres.
Témola aloxada no pasillo que leva ao Salón de actos. Pasade a vela!
GRAZAS POR COMPARTIR O VOSO TRABALLO!
No hay comentarios:
Publicar un comentario