O equipo da biblioteca deséxavos unhas felices festas a todos.
viernes, 21 de diciembre de 2018
martes, 18 de diciembre de 2018
viernes, 14 de diciembre de 2018
CLUBE DE CIENCIAS
Xa arranca o Clube de ciencias do noso cole.
Imos crear unha sección no blog da biblioteca para que vexades todas as actividades que se desenvolven semana a semana.
De momento, aquí tedes a lista de participantes deste curso:
De terceiro:
Sara Martínez Lorenzo
Antía Torres Alonso
Eva Vilas Espinosa
Abel Caride Míguez
Hugo Fermoselle Míguez
Mauro García Vidal
Alán Rey Iriarte
De cuarto
Lucía Cabaleiro Cabaleiro
Beatriz Cordeiro Soto
Mª del Mar Darriba Berride
Carme Collazo Couñago
Lía Carballo Abal
Paula Correo Pérez
Iris Iglesias Vázquez
De quinto:
Marisa Muíños Martínez
Lucía Pérez Bouzas
Paula González Fernández
Sandra Gómez Freire
Alba Fernández Couñago
Helena González Rodríguez
Imos crear unha sección no blog da biblioteca para que vexades todas as actividades que se desenvolven semana a semana.
De momento, aquí tedes a lista de participantes deste curso:
De terceiro:
Sara Martínez Lorenzo
Antía Torres Alonso
Eva Vilas Espinosa
Abel Caride Míguez
Hugo Fermoselle Míguez
Mauro García Vidal
Alán Rey Iriarte
De cuarto
Lucía Cabaleiro Cabaleiro
Beatriz Cordeiro Soto
Mª del Mar Darriba Berride
Carme Collazo Couñago
Lía Carballo Abal
Paula Correo Pérez
Iris Iglesias Vázquez
De quinto:
Marisa Muíños Martínez
Lucía Pérez Bouzas
Paula González Fernández
Sandra Gómez Freire
Alba Fernández Couñago
Helena González Rodríguez
miércoles, 5 de diciembre de 2018
AS MULLERES TAMÉN FACEMOS CIENCIA
A semana pasada algúns profes fomos a Santiago a unha xornada STEM. Tivemos a sorte de asistir a unha ponencia moi interesante sobre o papel da muller no eido científico e onde nos ensinaron porque os Clubes de ciencia deben incentivar a presenza feminina. A igualdade defendese dende o momento que existe, pero, para chegar a ela queda moito camiño por recorrer e a escola debe encargarse de ir facendo camiño. Aquí vos deixo un par de cousiñas dignas de ver:
A CIENCIA NA ESCOLA
O LUGAR QUE OCUPAMOS
jueves, 29 de noviembre de 2018
EXPOSICIÓN DE VERNE
Despois de traballar sobre Verne nas aulas, visitar a praia de Cesantes, coñecer ao Capitán Nemo e viaxar ao centro da Terra... Todos os alumn@s do centro debuxaron as máquinas de Verne usando información e un pouco de imaxinación.
Aquí tedes unha pequena mostra dalgunha delas
Aquí tedes unha pequena mostra dalgunha delas
martes, 27 de noviembre de 2018
miércoles, 21 de noviembre de 2018
ESCAPE ROOM NA BIBLIO, SEGUIMOS DESCUBRINDO A VERNE
Este ano o noso samaín foi diferente.
Comezamos o encerro vendo un vídeo que parecía inofensivo.
Non sabemos moi ben coma acabamos pechados na biblioteca e o único xeito de poder saír era ir superando probas e descifrando as pistas que nos levaban a onde estaba agochada a chave.
Para iso cada equipo contaba cunha mochila onde tiña un kit básico para superar as probas no que había lapiz, bolígrafo, tesoura, pegamento, unha lanterna, un folio e a primeira pista gardada nun sobre.
As probas estaban relaciondas coas cousas vistas na aula, neste caso, co proxecto de Verne e con contidos da área de matemáticas.
Cos pelos de punta comezamos a buscar a saída pero, pouco a pouco, as luces da biblioteca fóronse apagando ata que quedamos a escuras e so podíamos ver con axuda das nosas lanternas.
Inda así, con paciencia, confianza e, sobre todo, traballo en equipo, conseguimos saír da biblio e o equipo gañador levou 30 puntos no class dojo.
miércoles, 14 de noviembre de 2018
MÁXICO INICIO DE CURSO!!
O mércores, dia 7 de novembro, puidemos gozar no noso colexio dun espectáculo fantástico.
En colaboración con Normalización Lingüística do Concello de Redondela , tivemos a oportunidade de ver o espectáculo "MAXIA vs CIENCIA", a cargo do mago Paco.
É unha mestura de maxia e ciencia que nos encantou.
Para mostra este vídeo.
CLUBE DE CIENCIA
Estes días levástedes unha folla con información para anotarvos no Clube de Ciencia.
No CEIP de Laredo, Chapela, levan un ano desenvolvendo esta actividade e
os alumnos do clube fixeron unha chea de experimentos, aquí vos deixo a
memoria visual do clube de ciencia de Laredo do curso pasado para que
vexades de que se trata. Clicade na imaxe e desfrutando navegando pola
páxina.
miércoles, 7 de noviembre de 2018
"UNHA PONTE DE LIBROS INFANTÍS", EXPOSICIÓN NO MULTIUSOS DA XUNQUEIRA
Fonte biblioteca de Redondela
A entrada do Multiúsos da Xunqueira de Redondela acolle, desde o pasado venres 26, unha exposición dedicada á escritora e xornalista Jella Lepman (1891-1970) que creou en 1949 a Biblioteca Internacional da Mocidade en Munich, un dos proxectos cos que contribuíu ao entendemento internacional a través da literatura infantil .
A exposición articúlase contorna a unha selección bibliográfica de autores infantís e xuvenís que recibiron dende 1956 ata a actualdiade o Premio Hans Christian Andersen considerado o máis alto galardón outorgado na literatura infantil e xuvenil e coñecido coma o Pequeno Premio Nobel.
A exposición articúlase contorna a unha selección bibliográfica de autores infantís e xuvenís que recibiron dende 1956 ata a actualdiade o Premio Hans Christian Andersen considerado o máis alto galardón outorgado na literatura infantil e xuvenil e coñecido coma o Pequeno Premio Nobel.
A xoia da mostra son os "Cuenos de las Buenas Noches", Jella Lepman (1951), nunha 1ª edición da editorial Juventud no ano 1967, unha rareza de moi difícil localización. Este libro contén unha selección de historias para durmir elaborada a partir da colaboración de cidadáns anónimos que enviaron miles de historias das que se fixo unha selección publicada orixinalmente en tres volumes.
"Unha ponte de libros infantís". Jella Lepman, nome que designa á exposición, permanecerá aberta ao público ata finais de ano.
lunes, 5 de noviembre de 2018
SEGUIMOS CELEBRANDO O DÍA DA BIBLIOTECA
Xa vos contamos o outro día coma celebramos o Día da biblioteca este ano no cole de Reboreda. Pero a cousa non quedou aí.
Ao día seguinte 4º, 5º e 6º visitamos a praia de Cesantes no Chocochu
para facer unha lectura colectiva dos libros de Verne acompañados polos
ollos do capitán Nemo. 1, 2º e 3º fixeron a mesma actividade o venres.
Pero, os alumnos de sexto aproveitamos a visita a praia para axudar ao
capitán Nemo a resolver un misterio e traballar todos xuntos resolvendo
un reto. Tratábase dunha pequena xincana onde afrontamos un par de
probas que lle brindaron un bos puntos aos gañadores no Class Dojo.
Ademais visitamos a Nemo e fixemos a lectura colectiva.
Pasámolo moi ben pero, o mellor de todo, foi viaxar no Chocochu.
Mirade, mirade!!!
miércoles, 31 de octubre de 2018
QUEN É JULES VERNE?
Este ano sexto B foi o encargado de festexar o Día da Biblioteca.
Aproveitamos esta data para comezar o noso traballo ao redor de Verne. Investigamos na rede e, por equipos, preparamos unha presentación breve para explicarlle ao resto dos nosos compañeiros do cole quen era este escritor.
Con todo listo, cada equipo encargouse de pasar por 3 clases e alí facer unha presentación oral das súas pescudas e fixérono realmente ben!!!
Aquí tedes un resumo da presentación dos distintos equipos.
BRAVO RAPACES! E aquí tedes os preparativos e a visita polas aulas.
Aquí tedes un resumo da presentación dos distintos equipos.
BRAVO RAPACES! E aquí tedes os preparativos e a visita polas aulas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






