Xa vos contamos o outro día coma celebramos o Día da biblioteca este ano no cole de Reboreda. Pero a cousa non quedou aí.
Ao día seguinte 4º, 5º e 6º visitamos a praia de Cesantes no Chocochu
para facer unha lectura colectiva dos libros de Verne acompañados polos
ollos do capitán Nemo. 1, 2º e 3º fixeron a mesma actividade o venres.
Pero, os alumnos de sexto aproveitamos a visita a praia para axudar ao
capitán Nemo a resolver un misterio e traballar todos xuntos resolvendo
un reto. Tratábase dunha pequena xincana onde afrontamos un par de
probas que lle brindaron un bos puntos aos gañadores no Class Dojo.
Ademais visitamos a Nemo e fixemos a lectura colectiva.
Pasámolo moi ben pero, o mellor de todo, foi viaxar no Chocochu.
Mirade, mirade!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario