miércoles, 31 de octubre de 2018

QUEN É JULES VERNE?

Este ano sexto B foi o encargado de festexar o Día da Biblioteca.
Aproveitamos esta data para comezar o noso traballo ao redor de Verne. Investigamos na rede e, por equipos, preparamos unha presentación breve para explicarlle ao resto dos nosos compañeiros do cole quen era este escritor.
Con todo listo, cada equipo encargouse de pasar por 3 clases e alí facer unha presentación oral das súas pescudas e fixérono realmente ben!!!
Aquí tedes un resumo da presentación dos distintos equipos.



 BRAVO RAPACES! E aquí tedes os preparativos e a visita polas aulas.

 

No hay comentarios: