lunes, 26 de noviembre de 2012

UNHA VISITA MOI SILENCIOSA

O pasado venres 23 de novembro visitounos Camilo, un chico xordo que traballa para a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAPXG).

Para os máis pequenos contou dous contos moi divertidos en Lingua de Señas e practicaron signos de animais como león, mono, can…



Logo chegaron os maiores aos que lles explicou como era a vida cotiá dunha persoa xorda, é dicir, como fan para desenvolverse sen maiores problemas aínda que non escoiten nada. Así, amosounos algúns dos dispositivos cos que contan coma os timbres con luz, os vídeoteléfonos…
Camilo veu acompañado de Iago o seu intérprete e grazas a el entendimos todo o que nos dixo e tamén lle puidemos facer preguntas .




A verdade é que foi moi interesante xa que moitos de nós descoñeciamos como é ese mundo das persoas xordas e ademais non todos os días podemos ver a unha delas comunicándose con nós en Lingua de Señas a través dun intérprete.
Comprendimos que non hai límites para a comunicación, nin sequera a xordeira. Só temos que ter interese e estar abertos a diferentes formas de comunicarnos e de seguro que nos entenderemos con tod@s independentemente das súas características ou dificultades.

viernes, 23 de noviembre de 2012

DÍA DA IGUALDADE DE XÉNERO

Con motivo da celebración do Día da Igualdade de Xénero podedes ver este pequeno vídeo.
Dá moito que pensar!




Tamén Sofía Freire de 6ºA propuxo unha adiviña ou enigma moi interesante:

 Un pai vai en moto levando con el ao seu fillo de 10 anos. Circulan moi rápido nunha noite de brétema. A moto derrapa. O pai morre e o fillo queda moi malferido. Unha ambulancia lévao ao hospital máis próximo. Teñen que operalo inmediatamente.

Avisan ao cirurxián de garda, quen, ao entrar no quirófano e ver ao neno di: "Non o podo operar; é o meu fillo".

  A ver se atopades a solución!

domingo, 4 de noviembre de 2012

OLLOS DE AULA


AQUÍ VOS DEIXAMOS O NÚMERO 1 (MES DE OUTUBRO) E NÚMERO 2 (MES DE NOVEMBRO) DA REVISTA OLLOS DE AULA. 
CADA MES SERÁ PUBLICADA PARA QUE TODAS AS FAMILIAS, ALUMNADO E PROFESORADO DISPOÑADES DELA. PREME EN CADA UNHA DAS PORTADAS PARA VELAS.



 


martes, 30 de octubre de 2012

CHEGOU O SAMAÍN AO COLE DE REBOREDA !

Xa temos o cole decorado e preparado para a festa de Samaín e Halloween. Aquí deixámosvos unha mostra terrorífica.
Esperamos que non teñades que fuxir correndo!


Ademais na biblioteca tedes á vosa disposición un recuncho cheo de libros e contos do Samaín. Que medo!


E aquí atoparedes recursos para nen@s e profes
Esperamos que o pasedes ben con eles.

Preme na foto para acceder aos recursos

lunes, 29 de octubre de 2012

MOCHILAS VIAXEIRAS


Xa están nas nosas mans as mochilas viaxeiras para que na casa poidamos compartir o tempo de lecer.
A pasar moi bos ratos con elas!

martes, 23 de octubre de 2012



Ola nen@s!

Un 24 DE OUTUBRO máis festexamos no colexio o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.
O cartel presentado para este ano está ilustrado polo deseñador Andrés Meixide e ten como lema
BIBLIOTECA ESCOLAR - ACELERADOR DE INNOVACIÓN.


PISAMOS POIS O ACELERADOR... E COMEZAMOS A GOZAR DESTE ESPAZO ONDE A IMAXINACIÓN NON TEN LÍMITE!!!

sábado, 30 de junio de 2012

DESPEDÍMONOS XOGANDO COS CONTOS

Último día de curso, despedida,... e posta en práctica de todo o traballado durante o curso: Nas linguas, nas mates, no coñe, ... e en outras materias máis transversais. 
Aproveitamos o tema dos Contos como marco de acción e... 
Listos para recuperar os contos?
Preparados para impedir que o Mago Malandrín quede cos nosos soños e ilusións??
QUE BEN O PASAMOS!
Se queredes saber máis visitade os blogs de terceiro, alí tedes maís fotos, máis información e algún que outro vídeo.
Manantial (3ºA)
Cativos (3ºB)


jueves, 28 de junio de 2012

GRADUACIÓNS 2012

Rematou o curso 2011-2012 e con el moitas das expectativas para o mesmo. Despedidas, finais de ciclo,... novos retos aos que enfrontarse... Uns continuarán connosco, outros un pouco máis lonxe, pero, sen lugar a dúbidas, todos cheos de esperanzas e ilusións.

martes, 26 de junio de 2012

AS VOSAS PRODUCIÓNS

Algunhas aulas aproveitaron o tema dos Contos, para durante o curso ir organizando as súas producións e deseñar pequenas grandes publicacións.
QUE SORPRESA cando chegaron cos seus libriños para entregarllos a Margarida...!!
IMPRESIONANTES!!
Agora haberá que rexistralos no Meiga (o programa de catalogación) para que pasen a funcionar no préstamo habitual.
MOITAS GRAZAS POLO VOSO TRABALLO!!

SUXESTIÓNS LECTORAS VERÁN

Un ano máis en colaboración coas Bibliotecas Escolares e Municipais de Redondela elaborouse unha guía de Suxestións para que durante este verán aproveitedes ben o tempo. Facede clic nas imaxes para velas mellor.
Se ledes algún libriño que vos resulte interesante e nolo queredes suxerir...
FELIZ VERÁN A TOD@S!

lunes, 25 de junio de 2012

ACTIVIDADES DE VERÁN COA OMIX


A Concellería de Xuventude, a través da OMIX ofrece tres actividades:
 
Na Alameda de Redondela.
Solicitude de praza: Do 18 ao 20 de xuño.
 
Na Alameda da Praia de Arealonga (Chapela).
O acceso as actividades será libre ata completar o máximo de 30 prazas.
 
Na praia de Cesantes e na praia de Arealonga de Chapela.
Taxas por curso: 10 €
Solicitude de praza: Do 20 ao 27 de xuño

Non tedes excusa para non pasar un verán de cine....
Disfrutádeo!

domingo, 24 de junio de 2012

VERÁN CON SIMONA

Chéganos esta información dende a Biblioteca Municipal. Parece interesante!
VERÁN CON SIMONA:
Esta actividade organizada pola Concellería de Servizos Sociais, Muller e Igualdade, está dirixida a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 4 e os 14 anos, cuxa nai ou pai estea empadroada/o como mínimo un ano no Concello de Redondela, desenvolverase durante todo o mes de xullo en cinco parroquias:
- Cedeira: Centro cultural de Cedeira.

- Chapela: Multiusos do Piñeiral do Crego.
- O Viso: Asociación cultural Santa María do Viso.
- Redondela: Pazo do Pousadouro.
- Saxamonde: Centro cultural Chan das Pipas.
O horario da actividade será de 09.30 a 13.30 horas, contando a actividade cun total de 180 prazas. A selección da parroquia é independente do domicilio de residencia.
O prazo de inscrición, ata o mércores 27 de Xuño.