jueves, 23 de diciembre de 2010


BOAS FESTAS!

E FELIZ ANINOVO!

miércoles, 22 de diciembre de 2010

AGASALLA UN LIBRO!!!




martes, 21 de diciembre de 2010

ARTISTAS DO NADAL

Este ano tocounos facer o Portal do Nadal para a entrada do colexio , e nós os nen@s de terceiro fixemos algunhas das cousiñas que xa puidestes ver no cole. Aquí estamos algúns de nós traballando con moita atención para cumplir coa tarefa encomendada.

lunes, 20 de diciembre de 2010

PROGRAMA NADAL 2010

Aguinaldos: Durante os días previos ao 22 de Decembro, e da man da mestra de música, Isabel, distintos grupos de alumnos pasan a cantar os aguinaldos ao resto do cole.
Visita Paxe Real: Luns día 20 de Decembro para recoller as cartas dos nenos e nenas aos Reis Magos.
Visita dos Reis Magos: O mércores 22 de Decembro, de 9:00h a 11:00h pasarán polas aulas.
Festival Nadal:
  • Entrega premios da Biblioteca: Mellores lectores e Concurso Adiviñas.
  • Festival Panxoliñas
Entrega notas e Guía Lecturas

AGASALLOS TECNOLÓXICOS PARA O NADAL

Chegadas estas datas sempre nos asaltan as mesmas dúbidas.
Con que podo agasallar?.
Evidentemente a nosa primeira suxestión é.... UN LIBRO.
Pero, dende a Secretaría Xeral de Política Lingüística poñen á nosa disposicíón unha páxina moi interesante chea de recursos relacionados con estas datas. Podedes atopar dende materiais para traballar nas aulas, ata ideas e produtos para agasallar nestas datas: produtos tecnolóxicos para o Nadal, materiais de Nadal dos EDLG na rede, agasallos para os máis novos, ideas de Reis para os pequenos da casa, comidas que non deben faltar, a túa mesa en galego, cancións, recursos para o ensino...
Por botar unha ollada... Quen sabe o mesmo atopamos algo interesante!!

domingo, 19 de diciembre de 2010

UNHA VISITA DE CINE

A todos os alumnos e alumnas de 2º B gustounos moito a peli que fomos ver a Vigo: "El lince perdido". Os personaxes son moi divertidos e fixéronnos rir moito.
Aprendimos que non debemos cazar animais, que debemos respectalos, que é importante reciclar e que non hai nada mellor que ter bos AMIGOS.
CLASE DE 2ºB

sábado, 18 de diciembre de 2010

CONCURSO ADIVIÑAS: SOLUCIÓN 8

SOLUCIÓN 8

No mar non me mollo
Nas brasas non me queimo
Do aire non caio
E, se te fixas ben, tamén me tes nos teus brazos.

A LETRA A

BUENO CHICOS E CHICAS, FANTÁSTICO!

O CONCURSO ESTÁ REMATADO.
VISTES A CLASIFICACIÓN?
OS AGASALLOS O MÉRCORES 22 DE DECEMBRO.

viernes, 17 de diciembre de 2010

PIMPÉ NO RAINBOW WARRIOR

¡¡¡Ola!!! Téñovos que pedir perdón. Non pensaba que iades estar tan preocupados por min.
A cousa é que cando vos dixen que estaba nun veleiro no Mediterráneo non vos dixen toda a verdade.

Non estiven nun veleiro calquera. Estiven no Rainbow Warrior, un dos barcos de Greenpeace, a organización ecoloxista. Acompañeinos nas accións de protesta pola pesca desmesurada do Atún Vermello no Mediterráneo.

¿Sabedes que actualmente só queda un 15% da población orixinal desta especie? Ademáis de que se sobrepesca, tamén se capturan exemplares moi novos, o que impide que se reproduzan.
Gustoume moito colaborar con eles, pero non tiña maneira de comunicar con vós.
Logo fíxenme amigo dun grupo de aventureiros que tamén andan polo mar e me invitaron a seguir recorrendo mundo, entón decidín retrasar a miña volta.

¿Sabedes por onde pasei?

Por un porto galego que cando o vin non puiden deixar de cantar. Había nenas lavando no río e unha delas pareceume moi guapa. Pero non vou coller moza tan lonxe de Reboreda… Vouvos ir mandando cousas da miña viaxe para que non teñades que esperar ata que volva. Cada vez que pise terra mándovos novas polo blog ou polo correo. Dádelle unha aperta a Pancho e a bruxa e dicídelle que se non nos atopamos polo medio do mundo, xa nos veremos o ano que ven. Moitos bicos para vós.

lunes, 13 de diciembre de 2010

UN NADAL DE NOSO

UN NADAL DE NOSO
A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística creou unha páxina na que atoparedes moitos recursos ( a lenda do Apalpador, cancións, contos, receitas de cociña, teatro, ...) para descubrir o nadal máis galego.
Agardamos que o pasedes ben tanto na aula como nas vosas casas xogando co nadal.

CONCURSO ADIVIÑAS 8


CON ESTA ADIVIÑA REMATAMOS O CONCURSO, ASÍ QUE ATINADE BEN.
MOITAS GRAZAS A TODOS POR PARTICIPAR.


ADIVIÑA 8
No mar non me mollo
Nas brasas non me queimo
Do aire non caio
E, se te fixas ben, tamén me tes nos teus brazos.

sábado, 11 de diciembre de 2010

CONCURSO ADIVIÑAS:SOLUCIÓN 7


SOLUCIÓN 7

Un pirata atopa un cofre do tesouro nunha illa. No cofre pechado hai un cartel que pon: "Se queres abrirme terás que atopar unha suma con tres cifras exactamente iguais que dan como resultado o 24". O pirata, moi listo, marcou o 8, pero ese non era. De que números se trata?

Na adiviña pídense cifras e non números. As cifras son 22+2=24