Esta semana celebramos o magosto no cole e na biblio...tamén!
Obviamente na biblio non imos comer castañas, entón que imos facer? Retomamos o traballo con acrósticos do curso pasado, pero esta vez con vocabulario relacionado co magosto ou coas castañas.
A actividade comeza mañá martes no recreo. Teredes preparadas siluetas de castañas cunha palabra relacionada co tema coa que hai que facer un acróstico. Así que pensamos, escribimos, coloreamos, recortamos a castaña e lista para colocar no mural.
Por se non coñecedes o significado dalgunha palabra déixovos con dous enlaces nos que aparecen as palabras que usaremos na actividade e o seu significado. Tamén haberá na biblio unha versión impresa desta información.
A intelixencia emocional é unha habilidade, o bo das habilidades é que se poden aprender e tamén ensinar. Unha maneira de educar en emocións é a traves de contos. A continuación expoñemos unha pequena recopilación de videocontos.
Esta semana, despois das festas de Samaín e en vésperas do magosto iniciamos o primeiro taller de expresión escrita deste curso. Empezaremos a actividade mañá martes no recreo e se poderá continuar con ela durante esta semana e a próxima.
A actividade leva por título Con "ou" de outono. Por que ese título? Hai moitas palabras que levan o ditongo "ou" no noso idioma, o galego, e aproveitando que estamos no outono imos publicitalas. A tarefa é sinxela, haberá que pensar ou buscar no dicionario palabras en galego que teñan o ditongo ou (podemos empezar coas que comezan por ou, que é máis doado).
Xa temos a palabra, e agora que? Na biblio haberá fotocopias de follas de árbores nas cores típicas do outono. Escollede unha na que escribir a palabra e logo a recortades. Con esa palabra formaredes unha oración en galego na que pegaredes a folliña recortada coa vosa palabra, como se fose un pictograma. Iremos pegando as vosas oracións con "ou" de outono para que todo o mundo poda velas e se anime a participar.
A Biblio abre as suas portas un curso máis con moitas novidades. Co lema deste ano, "Educando para unha vida sa", aprenderemos moito sobre hábitos saudables. Todos coñecedes xa a importancia dos legumes nunha dieta equilibrada. Por iso Margarida recomenda que lle votedes unha ollada a algunha das novidades que xa podedes topar na Biblio.
Quen se anima a descubrir novas receitas con feixóns?
Este mes o biblioconcerto foi adicado á cultura galega, ás letras galegas e á MÚSICA GALEGA!!!
Non vos perdades o ben que tocan estes rapaces.
Grazas por ese recreo tan divertido que pasamos con eles!!!
O curso está chegando ao seu fin e con el o noso proxecto de arte, polo que desde a biblio de Maragarida quixemos facer a nosa aportación artística para despedir os obradoiros de manualidades dos recreo da biblio. Nesta ocasión fixemos un gran cadro entre todos os participantes destes obradoiros. Pasámolo xenial, compartindo ideas, deixando voar a nosa imaxinación e creatividade nuns obradoiros moi divertidos. Noraboa chicos por compartir tantos recreos conmigo (Profe Rosa) e facer cousas tan fermosas!!! Espero seguir compartindo tan bos ratos no novo curso con todos vós! Bo verán!!!
Abril é o mes da "Revoluçao dos Cravos". Gústanos moito esa revolución porque foi pacífica e porque a música tivo un papel moi importante nela. Así que decidimos facer un concerto-homenaxe diferente, sen artistas por un lado e público por outro, cantando todas as canciós en portugés que coñeciamos. Porque sabemos que a arte non é só cousa de artistas, nin a música só cousa de músicos....
Durante está semana na biblioteca fixemos cravos para recordar o 25 de abril. Para rematar a semana, acabaremos cantando todos GRANDOLA, VILA MORENA! de José Afonso. 25 de abril, SEMPRE! 25 de abril, SEMPRE!!
Durante este trimestre, ademais da arte, os APOLOS estivemos traballando moito co noso nome. Recollemos todo ese traballo nun libro que levamos para casa onde podemos repasar o feito e montar e desmontar o noso nome. Os Apolos fixeron un traballo incrible, mirade, mirade!!!