lunes, 28 de octubre de 2013

SAMAÍN EN LINGUAXE DE SIGNOS

O pasado venres a aula de atención preferente convertiuse nun plató de gravación e filmamos un videoclip con alumnos e alumnas de 5º.
Fixémolo para ensinarvos unha canción moi divertida sobre a festa do Samaín do grupo infantil Mamá Cabra. Con ela pretendemos que, ademais de pasalo ben cantando, aprendades novos signos da LSE.
Tivemos moi pouco tempo e presuposto pero como contamos con grandes profesionais (sobre todo os extras) estamos moi orgullosos do resultado final.
Animámosvos a ver o noso videoclip xa que ten sorpresas que vos deixarán os pelos de punta. Aquí ninguén é o que parece…jajajaja!

domingo, 27 de octubre de 2013

Día das bibliotecas...Así o celebramos!

Comezamos coa visita dos nenos e nenas de primeiro que tras ver a curta "Os fantásticos libros voladores", recibiron o seu carnet da biblioteca e unha piruleta de Margarida, a nosa mascota. Ollade que ben o pasaron!





O resto da mañá, unha sorpresa interrompeu as clases, a visita de Margarida, que viña con agasallo engadido: as mochilas viaxeiras e un marcapáxinas!


 Durante o recreo unha morea de libros sobre o samaín saíron ao patio, todos os venres teremos os BIBLIOPATIOS!




martes, 15 de octubre de 2013

REVISTA OLLOS DE AULA

PREME ENRIBA DA IMAXE PARA IR AO NÚMERO 9 DA REVISTA OLLOS DE AULA.

miércoles, 9 de octubre de 2013

NOVOS BLOGS

¡¡¡Temos novos espazos do cole na rede!!!

@s compis de 5º A puxeron a andar o seu blog, IMAXINAESCOLA



 Tamén a aula de música está de estrea, MUSIQUEANDO...


Cando queirades podedes facerlles unha visita,  deixar aportacións e comentarios... En fin, que sodes ¡¡¡BENVIDOS!!! 

lunes, 7 de octubre de 2013

COMEZAMOS!

Este curso Margarida vai de viaxe, pero non vos preocupedes...non irá lonxe! Visitará as nosas parroquias e volverá con moita información, así que si queredes aprender cousas sobre "A NOSA CONTORNA" , non deixedes de visitar o blogue


viernes, 4 de octubre de 2013

PRIMEIRA LECTURA SILENCIOSA 

Hoxe recibimos as novas caixas viaxeiras na aula! Así que con moitas ganas realizamos o primeiro día de lectura silenciosa deste curso, ollade como gozamos da lectura!

jueves, 13 de junio de 2013

A NOSA DERRADEIRA LECTURA SILENCIOSA DO CURSO

O curso está a piques de rematar. O venres 7 pechamos a nosa biblio ata o vindeiro curso. E o pasado mércores 5 de xuño fixemos a última lectura silenciosa deste curso. Aproveitando o bo tempo saimos tod@s ao patio...
E a gozar da lectura!



E tamén tivemos a derradeira animación á lectura para os menos de 2º e 3º ciclo. O xoves 6 visitounos Manuel Solla... 
Cantas historias saen da súa maleta ! E que ben o pasamos! 

jueves, 6 de junio de 2013

VIAXE POLA RÍA

O luns as  rapazas  e rapaces de 6º  fixeron un recorrido en barco pola ría. O sol brillaba e  o mar estaba en calma. 
 Foi un día inesquecible!

domingo, 2 de junio de 2013

"ARTE LIBRE NUN MONTE LIMPO"

O pasado 24 de maio os nen@s de 5º e 6º asistiron a inauguración da exposición "ARTE LIBRE NUN MONTE LIMPO" na Senda da Auga. Partindo dunha iniciativa das Comunidades de Montes expóñense ao longo do camiño os debuxos de tod@s os alumn@s do colexio cos seus respectivos lemas e coa fin de concienciar a tod@s da importancia de coidar a natureza e os nosos montes. 
Unha exposición única nun enclave privilexiado!!!
Para ver o artigo no xornal preme aquí

lunes, 20 de mayo de 2013

LETRAS GALEGAS EN REBOREDA

Este curso a semana das letras galegas comezou cun pequeno teatriño dos nen@s de 5ºA e co tradicional izado de bandeiras e a interpretación do himno. 


Nas clases tod@s aprendemos moitas cousas de autor homenaxeado Roberto Vidal Bolaño (se premedes no nome iredes á páxina de recursos sobre este dramaturgo). 
Os máis pequenos do cole tiveron ocasión de asistir no multiusos aos títeres da compañía Babaluva e a súa obra "Lume" (preme no título para saber máis).
 E os rapaces e rapazas de primeiro contaron cunha contacontos de excepción a nosa orientadora Ángeles Pérez Espiña que lles presentou o seu libro "En Redondela vive..." e coa que pasaron un rato moi, moi especial. Grazas, Ángeles!


miércoles, 8 de mayo de 2013

O KAMISHIBAI CHEGA Á BIBLIOTECA

O Kamishibai é un teatriño tradicional xaponés que se usa para contar historias mediante unhas láminas ilustradas. E este curso chegou a Reboreda grazas ás profes de primeiro. As mestras fabricaron con madeira o teatriño e os nen@s de primeiro prepararon as láminas cos contos.  Os de 1º B eran contos tradicionais con finais abraiantes e o conto de 1º A  foi totalmente inventado polos nen@s demostrando o moito talento que teñen. 
Unha vez preparado todo invitáronnos ao espectáculo: os narradores ían contando o conto e mostrando os debuxos según ía sucedendo a historia. FOI UN ÉXITO!!!
Despois regalaron o Kamishibai cos seus contos para a biblioteca:
 Que contenta estaba Margarida! 
Agora temos o Kamishibai a disposición de tod@s: animádevos a preparar os vosos contos!