viernes, 15 de octubre de 2010

A NOSA LINGUA ESTÁ DE NORABOA

Sabedes que son os "Premios Alma"?
Seguro que non.
Pois son como os Premios Nobel, pero de literatura infantil e xuvenil. Vamos, seguramente os premios máis importantes desta categoría.
Pois xa van sendo algúns, bastantes, escritores galegos, os nominados para recibir os Premios Alma. Todavía non recibimos ningún, pero estar na lista e xa todo un logro.
Organizados polo goberno sueco no ano 2002 en memoria da escritora máis popular do país nórdico, os "Alma" pretenden ser un recoñecemento a toda a creación literaria e non a unha obra en particular. Porén, non é imprescindible ter escrita unha soa palabra para aspirar aos premios, pois tamén os que se adican á ilustración e ás actividades narrativas poden ser premiados. Unha vez seleccionados os candidatos, un xurado composto por doce membros –entre os que hai escritores, críticos literarios, ilustradores e bibliotecarios– decide quen son os gañadores, despois dun proceso de varios meses.
Este ano temos na lista a : Agustín Fernández Paz e a Juan Farias








Estos Premios "Alma", levan o nome dunha grandísima autora de libros infantís sueca, autora entre outros de libros como: "Pipi calzaslargas", "Karlsson en el tejado", "Los hermanos corazón de león",... e moitos outros.
Saberedes de quen falamos?

MARIO VARGAS LLOSA

XA VOS ENTERASTES? NON?
PREMIO NOBEL DE LITERATURA!!!
Mario Vargas LLosa, escritor peruano nacionalizado español en 1993, foi galardonado este 7 de outubro, co Premio Nobel de Literatura 2010. É o primeiro autor de fala hispana que recibe o galardón dende que, en 1990, o gañase o mexicano Octavio Paz. O premio seralle entregado o vindeiro 10 de decembro en Estocolmo. Vargas Llosa recibiu tamén o Premio Principe de Asturias das Letras en 1986, o Premio Planeta en 1993 e o Premio Cervantes en 1994.
Queredes ver como recibe a noticia??
consultade este enlace


Pero este extraordinario escritor non só escribe para adultos, a editorial Alfaguara Infantil ven de publicar en España unha colección moi especial adicada ao público infantil chamada "Mi primer", que ten como obxectivo acercar, aos máis pequenos, aos grandes nomes da literatura. E que curioso, precisamente, un dos primeiros títulos desta colección é "Fonchito y la Luna" de Mario Vargas Llosa. Con Fonchito podes vivir a emoción do primeiro amor e seguir as aventuras do seu protagonista que demostra o que un é capaz de facer por un ser querido, aínda que a súa petición sexa, nada máis e nada menos, que a Lúa.

Disfruta con Fonchito!!
Pero, queredes saber máis do galardonado?

jueves, 14 de octubre de 2010

TALLER DEBUXO MANGA

Na Biblioteca P.M. Valle-Inclán de Redondela:
(multiusos)
TALLER DE DEBUXO MANGA - NIVEL BÁSICO
Para rapaces de 11 a 15 anos
Venres, 22 de outubro ás 18:00 h.
na Biblioteca Municipal de Redondela
Gratuíto
Prazas limitadas
Se estades interesados en participar...
anotádevos rápido na Biblioteca de Redondela

martes, 12 de octubre de 2010

UN CONTO CHEO DE FUTURO

Dende "Trafegando Ronseis" recibimos este vídeo que a Biblioteca Central de Helsinki vén de distribuír, onde, coma un conto, explica como foi medrando o país até chegar ao proxecto de construción da Biblioteca Central, un centro de cultura, entretemento, ocio e traballo, pensado para recibir máis de cinco mil visitas cada día. Unha biblioteca que é o tronco dunha árbore e as súas pólas son as actividades do pobo.

domingo, 10 de octubre de 2010

OUTUBRO: MES DAS BIBLIOS

MES INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

jueves, 7 de octubre de 2010

EXPERIMENTANDO COA AUGA

A quen non lle gusta xogar coa auga?
Pero este preciado elemento ofrécenos moitas máis posibilidades...
Consultade esta páxina, e probade a realizar algúns destos experimentos. Se sodes uns auténticos científicos, seguro que descubrides os grandes segredos que agocha este incrible elemento.

E non olvidedes que na biblio tamén temos libros cos que podemos poñer en práctica a nosa vena máis científica.








miércoles, 6 de octubre de 2010

COMEZO LECTURA SILENCIOSA: GÚSTACHE LER?

Mañá xoves comezamos o horario do Programa de Lectura silenciosa sostida. Esos 20 minutos de lectura conxunta todo o centro. Levaban tempo xa os nenos e nenas preguntando cando empezabamos, pois mañá.
E para que o primeiro día teñades libros abondo onde elixir, entre onte e hoxe os bibliotecarios de quinto e sexto estiveron repartindo polas aulas as caixas viaxeiras, que con tanto agarimo construistes.
ESPERAMOS QUE DISFRUTEDES DESAS E OUTRAS LECTURAS!
E logo podedes recomendarnos algunha delas.
Pero, non somos os únicos que lemos!!
Chegábanos ao final do pasado curso este vídeo dende a Biblioteca "O bosque animado" do IES Afonso X O Sabio (Cambre): "Esta canción sóame dalgo... pero tal vez me guste máis a adaptación para unha campaña de fomento da lectura que se fai desde os Estados Unidos... Que vos parece?"

CAMPAÑA RECOLLIDA CARTUCHOS TINTA

Sabedes o aforro de enerxía que supón reciclar un cartucho baleiro?
Para fabricar un cartucho láser necesítanse ao redor de 3 litros de petróleo.
Sabedes a cantidade de cartuchos que se tiran mensualmente á basura?
Millóns de cartuchos acaban no lixo.
Sabedes que os cartuchos de tinta pódense reciclar?
Entón, Por qué non reciclar?

martes, 5 de octubre de 2010

MÁIS BLOGS NO CENTRO

Esto das novas tecnoloxías empeza a ser contaxioso. Que ben!.
Os nenos e nenas de 4ºA teñen o seu propio blog de aula, onde nos irán comentando todo o que van facendo durante o curso. No que levamos, moito xa sobre a auga.
O comezo foi espectacular!
O blog chulísimo!
A mascota xenial!
Xa nos contaredes sobre esta nova experiencia!
(Para visitar o seu blog facede clic enriba da imaxe)

domingo, 3 de octubre de 2010

PERO QUE COMEZO!!

Se sodes asiduos do blog dos peques (http://pequesreboreda.wordpress.com) seguro que sabedes o fulgurante comezo que levan co Proxecto da auga:
  • Xogos en LIM (animádevos a xogar)
  • Cancións: (Representación plástica realizada por alumnado e profesorado do Colexio Público de Educación Especial "Gloria Fuertes" de Andorra (Teruel), a partir da canción "Planeta Agua", composta por Gilherme Arantes e interpretada por Ana Belén)

  • E como non, recordades á profe Susana (dos Sínefos)?, pois no seu novo cole(CRA de Teo) tamén van traballar ao redor da auga e xa levan feitas varias cousiñas:

viernes, 1 de octubre de 2010

XOGA CON AUGA (de xeito responsable)

Coñecedes os xogos de "Educared"?
Pois algúns están moi chulos!
E máis se nos ensinan cousiñas, en este caso sobre a auga, o seu consumo razoable, a contaminación, ..
XOGAMOS?
(fai clic na imaxe para entrar na web)

miércoles, 29 de septiembre de 2010

HARRY POTTER 7 (1/2)

Xa sabedes que o séptimo libro do noso máis grande Mago, "Harry Potter e as reliquias da morte", foi levado ao cine en dúas partes. Cousas do cine, do marketing,... ou tal vez ... era necesario?. Comprobaremolo en breve.
O día 19 de Novembro estrenan a primeira parte, e aínda que ata mediados do 2011 non poderemos ver o final da saga, algo é algo.
O trailer amósase interesante!
Pero, xa lestes o libro?
Bueno, se lestes os anteriores, non creo que puiderades resistirvos ao último, non si?

XA NOS CONTAREDES!!!