lunes, 13 de abril de 2009

SEGUIMOS EN ABRIL

Voltamos da Semana Santa, pero, seguimos en Abril, o Mes dos Libros.
Coñecedes a Charlie e a Lola?
Ao mellor os vistes nalgún conto, ou incluso na tele. Pois escoitádeos con atención, pois a única forma de que un libro non nos guste, é que esté pechado. Proba a abrilo, olla as súas ilustracións, lé a súa historia,... inténtao e verás!!,
Ao mellor incluso te sorprende!
Pois agora intenta dicirnos cal é o teu libro favorito, e porque che gusta tanto.

martes, 7 de abril de 2009

"Bola de Dragón"

Recordades a serie de debuxos animados "Dragonball", baseado no comic manga xaponés de Akira Toriyama?. Goku, Piccolo, Bulma, ...?





Pois están a punto de estrenar unha peli baseada no comic e a serie de animación: "Dragonball Evolution".

Aquí vos deixamos un dos trailers de presentación da peli para que decidades se vos apetece ou non ir a vela ao cine.


lunes, 6 de abril de 2009

Estamos alucinando!!
Hoxe recibimos unha grata sorpresa dende o blog Raioteca, da Biblio do Ceip de Andrade. Concedéronnos o premio "Olla que Blog Maneiro", que quere dicir, algo así como: "Mira que blog tan creativo, tan bonito,...".

Moitas Grazas Raioteca!,
Moitas Grazas Ceip Andrade!
E moitas Grazas aos artífices da iniciativa!
Este premio ten as seguintes normas:

  • Exhibir a imaxe do premio "Olha que blog Maneiro"

  • Poñer o nome do blog que cho deu

  • Indicar os teus 10 blogs

  • Avisar aos indicados

  • Publicar as reglas

  • Comprobar que os blogs indicados sigan as reglas
Nós dende aquí, e despois de moito decidir, pois non é nada fácil, hai moitos blogs chulísimos, cun montón de traballo detrás, e ás veces non somos moi obxectivos á hora de decidir. Os nosos seleccionados foron:
Un saúdo a todos os Blogs bibliotecarios e non, polas súas aportacións e colaboracións!

BOAS VACACIÓNS!!

Moitos sabedes que levamos un tempo realizando videoconferencias con Centros doutras comunidades: Asturias, León, Cataluña. Esas Videoconferencias se fan dentro dun proxecto do Ministerio de Educación, Proxecto Agrupacións Escolares. Para cada unha das videoconferencias, temos que ter preparado algún tema que previamente programamos.
Á volta de vacacións de Semana Santa, tócanos falar das herbas de San Xoán, o seu uso, tradicións, características,...

Así que, a poñerse as pilas, se podedes, vos apetece, tedes tempo,... aproveitade para falar cos adultos que coñezades, e preguntar, ... saíde ao campo, ao monte,... localizade as herbas e investigade sobre elas.

Para que teñades un pequeno apoio, aqui vos deixamos algunhas páxinas para consultar.
Despois de consultar, investigar un pouquiño podedes probar neste xogo, a ver cantas preguntas sodes quen de respostar.
Cantos puntos conseguistes??

sábado, 4 de abril de 2009

MARGARIDA QUERE SABER II: Final 1ª fase

A décima e última pregunta da Primeira fase da Olimpiada de Margarida referíase ao autor de contos, Hans Christian Andersen, do que vimos facendo algúns artigos no blog estos días, se os consultastes seguro que non tivestes problemas para contestar.

jueves, 2 de abril de 2009

HANS CHRISTIAN ANDERSEN

Consultando outros blogs bibliotecarios topamos en:
  • "Bibliotecadocole" do Ceip Quintela de Moaña, un vídeo que relata brevemente a vida de Hans Christian Andersen, recordades, o autor a quen está adicada esta data.

  • "Raioteca", o blog da Biblio do Ceip de Andrade, que fixeron un xogo moi chulo, para comprobar os coñecementos que tedes sobre o autor homenaxeado, Hans Christian Andersen.

Podedes entrar nos seus blogs e facer algún comentario!!

1ª FASE MARGARIDA QUERE SABER

Pregunta 10, a última pregunta da primeira fase da Olimpiada de Margarida. Non vos olvidedes de respostala.
E ata o 27 de Abril, non vai comezar a segunda fase, así que, non desesperedes. Se queredes ver a clasificación recordade que aparece na páxina de "Margarida quere saber", no apartado, "Os nosos recunchos".

miércoles, 1 de abril de 2009

EXPERIMENTAMOS:"ATRACCIÓN FATAL"

Hoxe tocaba experimento. 3 compañeir@s de 4ºA viñeron presentarnos o traballo que levan feito ao redor dos imáns e as forzas de atracción.
Comprobamos que hai rochas que atraen certos metais, que estas rochas especiais teñen polos, como o planeta Terra, que os compases ("brújula"), funcionan a través dunha agulla imantada, e que podemos fabricar un imán con electricidade.
Estivo xenial!
Volvede cando queirades!

5 ANOS B RECOMENDA

Esta semana pasada Margarida estivo na aula de 5 anos B, na aula dos "Galileos". Estiveron tan atarefados facendo tantísimas cousas, que cando Margarida marchou, non se levou ningunha recomendación. Pero, voltamos e como non podía ser de outro xeito, "Os Galileos", dixéronnos que eran moitos os libros que lles gustaban, entre eles:
"La ovejita que vino a cenar" do autor, Steve Smallman.
"La oca Boba" do autor, Petr Horácek.
"Las aventuras de un pez fantasioso" da autora, Julia Donaldson.
"20 cuentos de los porqués" dos autores, Michel Piquemal e Regis Peldeuch.

lunes, 30 de marzo de 2009

DÍA DO LIBRO INFANTIL

2 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL
Todos os anos o IBBY (Internacional Board on Books for Young People) celebra este día, co fin de conmemorar o nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen. Cada ano un país membro do IBBY é o encargado de editar o cartel anunciador e a mensaxe dirixida a todos os nenos e nenas do mundo. En este ano 2009, foi exipto, da man de Hani D. El-Masri o encargado.

Este home, Hani D. El-Masri, traballou como artista de desarrollo visual en películas de animación como: "El príncipe de Egipto", "La ruta hacia El Dorado", "Spirit: El corcel indomable" ou "Osmosis Jones". Seguro que será interesante ler a súa mensaxe:

"YO SOY EL MUNDO"
Yo soy el mundo, y el mundo soy yo,
porque por medio de mis libros puedo
ser lo que quiera.
Palabras y dibujos, prosa y verso
me trasladan a lugares que están
cerca y a la vez lejos.
En la tierra de los sultanes y del oro,
mil historias que hablan sobre todo
de alfombras voladoras, genios de
lámparas maravillosas,
ogresas y simbades, le cuentan sus
secretos a Sherezade.
Con cada palabra de cada página,
viajo a través del espacio y del tiempo
y sobre las alas de la fantasía,
mi espíritu atraviesa tierra y mar.
Cuanto más leo, más comprendo
que con mi libro siempre estaré
en la mejor de las compañías"
Hani D. El-Masri
Pois ide pensando porque algo teremos que facer para celebrar o mes de Abril, o 23 é o Día Internacional do Libro.
Ocúrresevos algo?

viernes, 27 de marzo de 2009

EXPOSICIÓN FÓSILES

Todavía non pasastes a ver a exposición?
Pois non sei a que esperades?
O Profe Guillermo amablemente cedeunos temporalmente parte da súa colección de fósiles, e sempre que o tempo llo permite nos explica: como se forman, as capas de sedimentación, os distintos tipos, ....
A que non sabiades desta fantástica afición do profe?
Aproveitade e preguntádelle!!
Seguro que está encantado de resolver as vosas dúbidas!!

lunes, 23 de marzo de 2009

A BIBLIOTECA DE REDONDELA

Esta mañá os nenos e nenas de primeiro e segundo baixaron a Redondela, ao multiusos, a visitar a Biblioteca Municipal. Por como viñeron, ademais de cansos, o deberon pasar moi ben.
Coñeceron a fondo a Biblio infantil.


Coñeceron un pouco máis a figura de H.C.Andersen e viron dúas curtas de animación moi divertidas:
"La danza de los esqueletos"



"El patito feo"

E todo un detalle, recibiron unha revista infantil e unhas cores de agasaio.
Moitas Grazas!, Voltaremos!