Moitos sabedes que levamos un tempo realizando videoconferencias con Centros doutras comunidades: Asturias, León, Cataluña. Esas Videoconferencias se fan dentro dun proxecto do Ministerio de Educación, Proxecto Agrupacións Escolares. Para cada unha das videoconferencias, temos que ter preparado algún tema que previamente programamos.
Á volta de vacacións de Semana Santa, tócanos falar das herbas de San Xoán, o seu uso, tradicións, características,...
Así que, a poñerse as pilas, se podedes, vos apetece, tedes tempo,... aproveitade para falar cos adultos que coñezades, e preguntar, ... saíde ao campo, ao monte,... localizade as herbas e investigade sobre elas.
Para que teñades un pequeno apoio, aqui vos deixamos algunhas páxinas para consultar.
Despois de consultar, investigar un pouquiño podedes probar neste xogo, a ver cantas preguntas sodes quen de respostar.
Cantos puntos conseguistes??
No hay comentarios:
Publicar un comentario