lunes, 13 de abril de 2009

SEGUIMOS EN ABRIL

Voltamos da Semana Santa, pero, seguimos en Abril, o Mes dos Libros.
Coñecedes a Charlie e a Lola?
Ao mellor os vistes nalgún conto, ou incluso na tele. Pois escoitádeos con atención, pois a única forma de que un libro non nos guste, é que esté pechado. Proba a abrilo, olla as súas ilustracións, lé a súa historia,... inténtao e verás!!,
Ao mellor incluso te sorprende!
Pois agora intenta dicirnos cal é o teu libro favorito, e porque che gusta tanto.

2 comentarios:

profe Vero dijo...

Cando eu era pequena apenas lia nada, cria que non me gustaba. Un verán, cando tiña 10 anos o meu curmán deixoume un libro que se titulaba "Os tres investigadores", era unha saga como os libros dos cinco que viña da man de Alfred Hitchcock, si, si o cineasta. Así que ata os 14 lin todos os libros da saga e tamén os de Puk que era unha detective moi singular. Cando chegou o instituto nunca lera un libro que non fora de intriga, o meu mestre de lingua era un apasionado da literatura e convidounos a ler REBELDES. Foi o 1º libro de narrativa que lin. ENCANTOUME, dende esa non me puiden desenganchar nunca. Cada vez que estou baixa de moral ou desanimada volvo a lelo, sei partes enteiras de memoria e sigo adorando todas e cada unha das súas palabras. Neste mes dos libros recomendo REBELDES, sobre todo, aos nenos de 6º, ogalla vos aporte a metade de todo o que me deu a min.

olga dijo...

Grazas polo video que aproveito para facer unha entrada. O meu libro favorito, de pequena, era un diccionario. Porque tiña de todo e aprendía moitas cousas nel.